O BNG XA PRESENTOU INICIATIVAS NO PARLAMENTO GALEGO E OUTRAS INSTITUCIÓNS PARA RECLAMAR UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a rebaixa da factura eléctrica

IMG_7093

Arroxo afirmou “unha tarifa eléctrica galega permitiría un aforro na factura eléctrica e impulsar a industria para frear a emigración da mocidade”

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a rebaixa da factura eléctrica

Lugo, 29 de outubro de 2018. O BNG comenza unha campaña para reclamar unha tarifa eléctrica galega que permita un aforro racional na factura eléctrica e un impulso da industria para frear a emigración da mocidade. Rubén Arroxo anunciou a instalación de mesas informativas para recoller sinaturas de apoio á implantación dunha tarifa eléctrica galega.

“Pagamos a enerxía máis cara de todo o estado, cando Galiza é un país produtor e eso non é normal” Asegurou o voceiro do BNG. O BNG considera un escándalo e unha estafa a  “vergoñenta escalada de prezos” da factura da luz, que sigue asfixiando a familias e lastrando a competitividade das empresas mentres o lobby eléctrico continúa incrementando os seus millonarios beneficios, 5.600 millóns de euros en 2017.

No caso de Galiza engádese a discriminación que supón non obter beneficio algún pese a ser produtora de enerxía e, lonxe de obter un beneficio colectivo, provoca prexuízos ambientais e sociais con disparates como a pobreza enerxética que sofren 190.000 persoas nun país que exporta electricidade a esgalla.

En primeiro lugar, unha tarifa eléctrica galega que lle permita as empresas e as familias beneficiarse da riqueza enerxética do país, unha tarifa diferenciada que xa existe en países como Reino Unido, Suíza ou Alemaña, e que no Estado español ten Euskadi para as súas empresas. Esta medida permitiría un aforro medio de 200€ na factura da luz ás familias.

Suplemento territorial, novo espolio

A orde ministerial que prepara o Executivo central que inclúe o denominado “suplemento territorial” da tarifa eléctrica que lle corresponde pagar a cada comunidade autónoma. “Este país pagaría o 34% do total dese suplemento mentres que Madrid só o 2%, porque o Goberno español penaliza a quen produce e beneficia a quen consume”, explicou, “non podemos asumir esta estafa e este espolio, temos dereito a que a riqueza do país reverta sobre o pobo galego”, salientou Arroxo.

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a rebaixa da factura eléctrica