A GALA DOS PREMIOS MURALLEANDO 2025, ORGANIZADA POLA TENENCIA DE ALCALDÍA E O GRUPO EL PROGRESO, CELEBROUSE NO AUDITORIO FUXAN OS VENTOS E FOI CONDUCIDA POLO XORNALISTA JOSÉ LUIS RAMUDO
Rubén Arroxo: "Queremos que os grupos de Lugo sexan os grandes gañadores dos premios Muralleando"
A gala dos premios Muralleando 2025, organizada pola Tenencia de Alcaldía e o grupo El Progreso, celebrouse no Auditorio Fuxan os Ventos e foi conducida polo xornalista José Luis Ramudo
Os grupos participantes elexiron, mediante votación, aos grupos gañadores de cada categoria
Lugo, 04 de decembro de 2025. "Queremos que os grupos de Lugo sexan os grandes gañadores dos premios Muralleando" dixo o Tenente Alcalde no transcurso da gala de entrega dos premios Muralleando 2025. Os galardóns foron agrupados en 7 categorías e un premio honorifico concedido a toda unha traxectoria adicada á música en Lugo.
O Muralleando naceu no momento da pandemia, no ano 2020; ao redor do monumento como alternativa única para poder gozar da música no exterior, coa debida distancia e co publico camiñando. Logo mantivose adapatando o formato ao que é na actualidade. Durante a gala tivo lugar a actuación do grupo lucense ZARANDELA, composto por 5 zanfonistas e dirixido por German Díaz.
A votación dos premios correu da man dos propios grupos participantes.
Os premios:
Premio á Mellor Banda de Versións - Entrega Suso Rielo, promotor do Facela Fest.
GAÑADOR: CHEMICAL ADDICTS
premio á Mellor Canción Orixinal - Entrega o representante da Sociedade Filarmónica Lucense José Luis Díaz.
GAÑADOR: CHEMICAL ADDICTS
premio ao Mellor Disco de Bandas Participantes - Entrega a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.
GAÑADOR: CHEMICAL ADDICTS
premio ao Mellor Directo - Entrega a Deputada de Cultura, Iria Castro.
GAÑADOR: PUN´KON KEIXO
premio ao Mellor Solista das Bandas Participantes- Entrega Tino Freijo, programador musical e xerente da Sala Jagger.
GAÑADORA: FRAN ZÉLOP
premio ao Mellor Grupo Revelación-Entrega Xaneco Tubío, representante da Asociación Galega de Gaiteiros Galegos
GAÑADOR: PUN´KON KEIXO
premio ao Mellor Grupo do Muralleando 2025 - Entrega o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro.
GAÑADOR: PUN´KON KEIXO
Premio Honorífico da Música en Lugo - Entrega o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo.
Premiado: Alberto Grandío