Rubén Arroxo visita os traballos realizados pola área de Mobilidade e Infraestruturas no barrio da Ponte

Rubén Arroxo: "coas visitas aos barrios e as solicitudes da veciñanza planificamos os traballos para garantir o mantemento das infraestruturas"

O Tenente de Alcalde visitou o barrio da Ponte cos edís Alexandre Penas e Cristina López

Rubén Arroxo visita os traballos realizados pola área de Mobilidade e Infraestruturas no barrio da Ponte

Lugo, 23 de xaneiro de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto cos concelleiros de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e Cristina López, responsábel de Participación e Servizos para a Veciñanza, visitaron o barrio da Ponte, onde nas últimas semanas se realizaron unha serie de actuacións de mellora en distintos viais. Rubén Arroxo explicou que “durante o ano 2020 puxemos en marcha medio cento de intervencións en todas as zonas da cidade, tanto no centro da cidade como en todas as zonas periurbanas”.

 

“Aínda que no ano pasado comezaron grandes proxectos que cambiarán a cidade, como a peonalización de Quiroga Ballesteros, desde a área de Mobilidade e Infraestruturas traballamos tamén a diario na mellora e mantementode todos os barrios”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “estas actuacións permítennos mellorar cuestións importantes para as veciñas e veciños, como a accesibilidade ou a seguridade”.

 

"Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas planificamos o traballo tanto coa información que nos fan chegar as veciñas e veciños dos barrios e coas distintas visitas que realizamos para coñecer de primeira man as necesidades de cada zona", declarou Rubén Arroxo, que engadiu "iso, xunto coas visitas que realizamos aos distintos barrios permítennos levar a cabo a planificación de traballo que realizamos por toda a cidade".

Rubén Arroxo visita os traballos realizados pola área de Mobilidade e Infraestruturas no barrio da Ponte