A PARLAMENTARIA DO BNG VISITOU O PARQUE DE BOMBEIROS COMARCAL DE VILALBA PARA COÑECER A SITUACIÓN NA QUE SE ATOPAN ESTES TRABALLADORES

“O suor dun de Lugo non pode ser máis barato que o dun de Ourense” así resumiu Olalla Rodil o agravio salarial do colectivo de bombeiros

IMG_0131

“Resulta que Ourense a Xunta incrementou a súa aportación e en Lugo non, así un bombeiro de Ourense cobra 3.500 € máis que un de Lugo” afirmou Rodil

“O suor dun de Lugo non pode ser máis barato que o dun de Ourense” así resumiu Olalla Rodil o agravio salarial do colectivo de bombeiros
Lugo, 14 de xuño 2017. O BNG levará ao Parlamento Galego unha iniciativa para que se equiparen os salarios dos bombeiros de Lugo cos do resto de Galiza. Neste momento un bombeiro dun dos 6 parques comarcais de Lugo cobra uns 3.500 euros anuais menos que un bombeiro de Ourense “e esto dase por unha imposición política do PP dende o goberno da Xunta” sinalou Olalla Rodil. A parlamentaria do BNG, recollendo unha frase duns dos bombeiros do parque de Vilalba, resumiu o agravio salarial que sufren neste momento dicindo que “O suor dun bombeiro de Lugo non é máis barato que o dun de Ourense”.

Rodil pedirá no Parlamento Galego que o goberno da Xunta de Galiza “cumpra cos seus compromisos e fagan a aportación económica necesaria para equiparar o salario dos bombeiros do parques comarcais de Lugo co resto de parques de outras provincias”. Rodil sinalou que “esta é outra das discriminacións das que a Xunta ten sometida a Lugo, privando a estes traballadores dun salario digno a pesares de que a Deputación xa puxo, grazas ao traballo do BNG, os medios económicos para poder equiparar o seu salario”. Durante a visita Olalla Rodil estivo acompañada do Deputado Provincial, Antonio Veiga, e do voceiro do BNG en Vilalba, Félix Jorquera.

A Parlamentaria nacionalista puido comprobar a falta de medios que, ademais da discriminación salarial, teñen os parques de Lugo. “Non dispoñen de sistema de extracción de fumes na cocheira tal e como marca a normativa, solo dispoñen dun traxe de intervención para cada bombeiro, non se está facendo un correcto mantemento das instalacións, e non se están atendendo aspectos relacionados coa formación e prevención de riscos destes profesionais” sinalou Olalla Rodil.

Para o BNG “o problema da equiparación salarial dos bombeiros é unicamente un problema de vontade política e na Deputación demostrouse cando o BNG estivo no goberno e, ademais dunha incorporación de 330.000 euros aos orzamentos provinciais, conseguiuse que as empresas concesionarias eliminaran as contratacións precarias que se estaban a dar nos parques comarcais de bombeiros de Viveiro, Barreiros, Chantada, Sarria, Monforte e Vilalba”. Olalla Rodil anunciou que “o BNG defenderá tamén no Parlamento Galego e en todos os estamentos implicados esta reivindicación xusta destes traballadores”.

“O suor dun de Lugo non pode ser máis barato que o dun de Ourense” así resumiu Olalla Rodil o agravio salarial do colectivo de bombeiros