ARROXO E INTEGRANTES DA CANDIDATURA PARTICIPARON EN DIVERSOS ACTOS RELACIONADOS CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

“Temos un equipo preparado para gobernar e un proxecto para poñer Lugo a funcionar” afirmou Rubén Arroxo

candidatura Lugo

O candidato do BNG sinalou “poderíamos encargarnos do goberno de Lugo mañá mesmo, fariámolo con ganas, ilusión e honestidade”

“Temos un equipo preparado para gobernar e un proxecto para poñer Lugo a funcionar” afirmou Rubén Arroxo

Lugo, 17 de maio 2019. Rubén Arroxo, candidato á alcaldía do BNG por Lugo, afirmou despois de participar en diversos actos relacionados co Día das Letras Galegas que “vistos os apoios recibidos nos últimos días para o BNG podemos dicir que en Lugo existe unha alternativa a un goberno do Partido Popular ou a un goberno liderado por Lara Médez e esa alternativa é o BNG”. Arroxo lembrou que “o BNG ten demostrado que somos a forza transformadora que mellora a calidade de vida nas cidades e vilas nas que gobernamos como Ribadeo, Allariz ou Pontevedra”.

A candidatura do BNG está integrada por persoas con experiencia na administración, no eidos social e con coñecemento de diversos ámbitos. O candidato do BNG sinalou “poderíamos encargarnos do goberno de Lugo mañá mesmo, fariámolo con ganas, ilusión e honestidade” e engadiu “temos que devolver a ilusión a Lugo e recuperar o orgullo de ser dunha das cidades galegas cunha maior calidade de vida”. Rubén Arroxo lembrou que o BNG ten un programa de goberno con propostas para a cidade, para o rural e para todos os ámbitos de goberno nos que o concello ten competencias.

“Temos un equipo preparado para gobernar e un proxecto para poñer Lugo a funcionar” concluíu Arroxo e avanzou que “o 26 de maio temos unha oportunidade para mudar o noso futuro impulsando un goberno municipal que mire para Lugo, que traballe por Lugo e que faga que Lugo funcione”. Arroxo mantivo un encontro con integrantes da candidatura que nos vindeiros días levarán a toda a cidadanía de Lugo un convite masivo para participar no acto central de campaña que terá lugar o vindeiro luns día 20.

“Temos un equipo preparado para gobernar e un proxecto para poñer Lugo a funcionar” afirmou Rubén Arroxo