ALEXANDRE PENAS: "SEGUIMOS TRABALLANDO PARA QUE A TOTALIDADE DA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO DE LUGO SEXA EFICIENTE, REDUCINDO O GASTO EN CONSUMO ELÉCTRICO DO CONCELLO"

A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención nas Gándaras

Substitúense 96 luminarias de Vapor de Sodio a Alta Presión, un elemento contaminante por LED, o que garantirá unha mellor eficiencia enerxética

Alexandre Penas: "seguimos traballando para que a totalidade da rede de alumeado público de Lugo sexa eficiente, reducindo o gasto en consumo eléctrico do concello"

A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención nas Gándaras

 

Lugo, 29 de setembro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas visitou os traballos de renovación de alumeado público que se están a executar nas Gándaras. "Seguimos a traballar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente", explicou Alexandre Penas.

O Goberno de Lugo está a renovar o alumeado da rúa Serra de Meira e da Calzada das Gándaras, un total de 96 luminarias que na actualidade empregan elemen0tos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. A renovación das luminarias permitirá reducir o deslumbramento e aumentar os niveis de uniformidade lumínica na zona.

O consumo enerxético do alumeado desta zona reducirase en máis de 9.000 kWh ao ano, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Penas lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo.

Durante os últimos anos, a área de Mobilidade e Infraestruturas realizou múltiples intervencións en todas as rúas do barrio das Gándaras, renovando o asfaltado, o alumeado público, instalando elementos de calmado de tráfico ou mellorando as beirarrúas e os espazos peonís. Entre as actuacións realizadas no barrio destacan o asfalto de máis de 30 rúas ou a renovación do alumeado, instalando luminarias LED, ademais da actuación na contorna do campo de fútbol. 

 
A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención nas Gándaras