O 28 DE SETEMBRO, A PRAZA DE AUGAS FÉRREAS ENCHERASE CO HISTÓRICO VEHÍCULO "LEVANDO ACTIVIDADES A TODOS OS BARRIOS", EXPLICOU PENAS

A Tenencia de Alcaldía colabora coa XXV Concentración de Seat 600 de Lugo

O 28 de setembro, a praza de Augas Férreas encherase co histórico vehículo "levando actividades a todos os barrios", explicou Penas

Alexandre Penas e Iria Buide presentaron o evento xunto con integrantes do Club 600 Lugo

A Tenencia de Alcaldía colabora coa XXV Concentración de Seat 600 de Lugo

 

 

Lugo, 12 de setembro de 2025. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, acompañado por Iria Buide, concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, achegáronse ata a praza de Augas Férreas, que será o escenario o vindeiro sábado 28 da XXV Concentración de Seat 600 de Lugo, organizada polo Club 600 Lugo. Alexandre Penas destacou esta concentración como "unha data consolidada no calendario lucense, que este ano celebra a súa 25 edición", e destacou que "o sábado 28, Lugo será a capital do Seat 600, e a veciñanza poderá ver unha enorme colección de vehículos nun moi bo estado de conservación".

 

Durante a xornada, as veciñas e veciños que se acheguen á praza de Augas Férreas poderán ver preto de medio cento de Seat 600 nas súas diferentes edicións, nun bo estado de mantemento para "desfrutar do vehículo máis relevante do Século XX", explicou Alexandre Penas, quen destacou que celebrar esta cita permite tamén "achegar actividades a todas as zonas da cidade para que cada un dos barrios e zonas periurbanas poidan desfrutar tamén de entretemento nas súas rúas".

 

Penas destacou que as áreas da Tenencia de Alcaldía do Concello "apoiamos as diversas propostas que nos fai chegar o o tecido asociativo da cidade", e destacou que "seguiremos tendo as portas abertas para colaborar coas asociacións de Lugo en dar visibilidade aos seus proxectos".

 

A Tenencia de Alcaldía colabora coa XXV Concentración de Seat 600 de Lugo