RUBÉN ARROXO: "ESTAMOS TRABALLANDO RÁPIDO PARA CONSEGUIR A MÁXIMA EFICACIA E O MÍNIMO PERXUIZO Á VECIÑANZA"

A Tenencia de Alcaldía continua as obras cara a peonalización do Carril dos Loureiros no barrio de Recatelo


Rubén Arroxo: "Estamos traballando rápido para conseguir a máxima eficacia e o mínimo perxuizo á veciñanza"

O proxecto elaborado polo Goberno de Lugo contemplará a renovación de todos os servizos soterrados, ademais do mobiliario urbano con novas zonas verdes e o alumeado, avanzando na implantación de puntos de luz LED de baixo consumo

A Tenencia de Alcaldía continua as obras cara a peonalización do Carril dos Loureiros no barrio de Recatelo


Lugo, 8 de decembro de 2024. O Tenente Alcalde e concelleiro responsábel de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, comunicaron a continuidade das obras da rúa Carril dos Loureiros.O proxecto de peonalización da rúa permitirá "avanzar mellora integral do barrio de Recatelo despois de peonalizar practicamente todas as rúas do barrio". As obras seguen o seu curso seguindo as directrices do proxecto elaborado polo Concello despois de manter unha serie de xuntanzas coa veciñanza entre os anos 2022 e 2023.

A rúa terá unha conversión en plataforma única de preferencia peonil, mantendo o acceso a vehículos a baixa velocidade para residentes e carga e descarga. A renovación da rúa inclúe tamén a renovación dos servizos soterrados, como o abastecemento ou o saneamento, e a creación de novas zonas verdes para, segundo explicou Rubén Arroxo, "facilitar que haxa zonas de sombra ao longo da rúa que permitan desfrutar da zona de paseo en xornadas de calor". Ademais, o Goberno de Lugo avanzará na instalación de alumeado LED, "garantindo un alumeado de baixo consumo e uniforme en toda a rúa", explicou o Tenente Alcalde.

A Tenencia de Alcaldía continua as obras cara a peonalización do Carril dos Loureiros no barrio de Recatelo