ORGANIZANSE DISTINTAS ACTIVIDADES ENTRE O 5 DE DECEMBRO E O 5 DE XANEIRO PARA TODA VECIÑANZA, QUE SE AMPLIARÁN CON MÁIS ACTIVIDADES E COS MERCADOS DE NADAL UBICADOS EN DISTINTOS PUNTOS DO CENTRO DA CIDADE
"Lugo conta cunha intensa programación para público familiar durante no Nadal", sinalou Rubén Arroxo
Organizanse distintas actividades entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro para toda veciñanza, que se ampliarán con máis actividades e cos mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro da cidade
Os Reis volverán percorrer as rúas do centro de Lugo o vindeiro 5 de decembro, saíndo do Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 e percorrendo a Avenida da Coruña, con remate na Praza Maior
Lugo, 7 de decembro de 2024. Despois do encendido das luces de nadal o pasado xoves o Tenente Alcalde, Rubén Arrox, xuntos coas concelleiras de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a de Participación, Cristina López, lembrou a "ampla programación" organizada dende o Concello de Lugo durante o Nadal do 2024, que conta con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello Cácere entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos, ademais os mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro.
Rubén Arroxo indicou que "o Nadal é unha data propicia para fomentar tamén a nosa cultura, quixemos contar con colectivos da cidade" e engadiu "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións" tamén habera actividades nos edificios da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.
Programación Nadal 2024-2025.
14 de decembro. As 13h. no Mercado Municipal. - concerto de ClaustroMúsica (Agrupación Musical Lucense)
15 de decembro. As 16.30 h. no Mercado Municipal. - Torneo Escolar de Xadrez (Xaquedrum)
18 de decembro. As 13h. no Mercado Municipal. - concerto de ClaustroMúsica (Agrupación Musical Lucense)
21 de decembro. A partir das 17h. no Mercado Municipal. - Benvida ao apalpador.
26, 27, 28 e 29 de decembro. 17h e 18.30h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. - III Medrando no Nadal.
26, 27, 28, 29 de decembro das 16h ás 19h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. - "Terra miúda" de Xogos Miudinho.
Espazo de xogo con material natural non estruturado. Terra é un paso máis na concepción do xogo. Utilizando as múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana...) e todo o beneficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas da cativada. O espazo é sempre o mesmo, pero nunca é igual: en cada evento cobra unha nova vida, que a cativada se encarga de lle dar.
26 decembro. 17h e 18.30h (2 pases). no Auditorio Municipal Gustavo Freire - "O castiñeiro do Apalpador" de Fantoches Baj (Obra de Teatro)
Sinopse: Neste espectáculo, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o
apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas.
Duración: 50 min.
Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.
27 decembro. 17h e 18.30h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. - "Texturas" de La curiosa. (Obra de Teatro)
Sinopse: Texturas é unha proposta escénica inmersiva para a primeira infancia baseada na experimentación visual e sonora. A través dunha linguaxe
interdisciplinaria e un espazo escénico íntimo e próximo, o espectáculo traslada o concepto de textura, asociado ao tacto, cara
aos campos do oído e a vista, e desprega unha experiencia sensorial delicada e envolvente.
En Texturas, o cadro sonoro convértese en tridimensional e envolve ao público nunha experiencia 360º pensada para nenos de 0-5 anos e as
súas familias, que suxire posibilidades de xogo, descubrimento e experimentación ulteriores no público pequeno e grande.
Duración: 35 minutos.
Idade Recomendada: Dos 0 aos 5 anos. (PREMIO FETÉN 2024 A MELLOR ESPECTÁCULO PARA A PRIMEIRA INFANCIA)
28 decembro. 17h e 18.30h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire - "Kl´aa tu canción" de Inspira teatre. (Obra de Teatro)
Sinopse: Pouco a pouco saio do niño. Ónde estou? Quén son? Con cada son e con cada paso voume facendo máis eu, voume construíndo, e entón podo mirarte máis a ti e aos outros. Coa brúxula da curiosidade voume alonxando da casa para descubrir novos lugares, novas aventuras e ir facendo o meu camiño, a miña canción. A canción que me fai ser quén son. Unha experiencia visual e sonora a través da voz. Unha viaxe musical cara o descubrimento do mundo.
Duración: 35 minutos + 15 min de interacción co público.
Idade Recomendada: Dos 0 aos 6 anos.
29 decembro. 17h e 18.30h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. "Maruxiña" de Aurora Artes Escénicas. (Obra de Teatro)
Sinopse: Maruxiña inspírase no conto clásico de "Polgariña" de Andersen, para relatar unha nova aventura . Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar con música en directo, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola. Un día Maruxiña descobre que hai un mundo moito máis grande , que hai amigos e non tan amigos... que lle gustaría voar... Pero o realmente importante é decidir libremente o que unha quere ser.
Duración: 45 min.
Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.
Entradas de actividades no Auditorium Gustavo Freire:
As entradas terán un prezo de 3 euros.
Serán dous pases cada día. 17h e 18,30h.
80 entradas en cada pase (teñen que sacar entrada tanto pais/nais como cativos/cativas).
Bonos:
Bono para as 4 funcións: 8 euros.
60 bonos para as funcións das 17h e 60 bonos para as funcións das 18.30h.
Os bonos estarán disponibles dende o día 15 ás 16h até o día 20.
A partir do día 21 inclusive poderán adquirirse entradas soltas.
*Para os xogos non hai entrada específica, vai implícita nas entradas dos espectáculos.
23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3 de xaneiro. O Vello Cárcere.- Obradoiro de Panxoliñas tradicionais.
20 prazas e maiores de 6 anos - inscripción no propio centro
Dúas sesións; Das 11 ás 12h e das 12h ás 13h.
28 decembro. Recinto Histórico. Rancho e Ranchiño Xeitoso.
Das 18h ás 20h.
29 decembro. Recinto Histórico. Rancho e Ranchiño Xeitoso.
Das 12h ás 14h.
30 decembro. Recinto Histórico. Rancho e Ranchiño Xeitoso.
Das 17h ás 19h.
3 de xaneiro do 2025. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 20.30h. Concerto de aninovo "80´s Remember" pola Banda Filharmónica.
5 de xaneiro do 2025. Cabalgata de reis.
Saída ás 18h do Parque da Milagrosa.
Chegada. Casa do Concello. Praza Maior. 19.30h.