O voceiro do BNG-AA pediu unha solución para o mantemento do enlace do paseo do Miño e o Rato
Rubén Arroxo trasladará un escrito ao goberno municipal para que se chegue a un acordo con Fomento para o acondicionamento deste tramo do paseo
Lugo, 14 de novembro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu unha solución para eliminar as pozas do tramo que une o paseo do Miño co paseo do Rato. Arroxo sinalou que “o concello debe poñerse en contacto co Ministerio de Fomento para acometer esta pequena actuación” e lembrou que “son moitísimas persoas que transitan por esta zona de esparcimento tanto para pasear como para practicar deporte”. Rubén Arroxo trasladará un escrito ao goberno municipal para que se chegue a un acordo con Fomento para o acondicionamento deste tramo do paseo.
O edil nacionalista explicou que é un problema que se repite todos os anos “e ten moi fácil solución, xa que cun pouco de grava podería solucionarse”. “Neste momento as persoas que pasán por alí teñen que desviar a rúta ou mollar os pés xa que as pozas de auga ocupan todo o ancho do camiño” sinalou Arroxo que informou que “foron varias as persoas que contactaron con BNG e nos pediron unha solución para esta cuestión”.