A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación da rehabilitación do soto da praza de Abastos
Cristina López: “os traballos iniciaranse despois da tempada de nadal para non afectar ao comercio nunha época tan importante”
“Con esta actuación rematarase a renovación dun espazo emblemático do centro da cidade”, explicou Cristina López
Lugo, 27 de outubro de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará a contratación da rehabilitación do soto da praza de Abastos. Cristina López afirmou que “con esta actuación a Praza estará completamente renovada, o que se unirá á peonalización de Quiroga Ballesteros para que a veciñanza de Lugo poidan desfrutar da humanización completa dunha zona emblemática do centro da cidade”.
A rehabilitación do soto contratarase por 586.625€, e un prazo de execución de 75 días. Cristina López explicou que “o inicio das obras non se producirá até despois da tempada de Nadal para non afectar aos distintos comerciantes da praza nunha época con tanto nivel de ventas”. O proxecto inclúe a renovación de instalacións e servizos, como electricidade, auga, telecomunicacións e calefacción, ademais de mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. ”Buscamos unha Praza de Abastos na que todas as veciñas e veciños poidan ir facer as súas compras nun entorno amable e accesible”, explicou Cristina López.
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno de mañá aprobará tamén a apertura do procedemento de contratación da reforma das sepulturas na zona vella do cemiterio municipal e a delegación de competencias na área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua para as luces do Nadal.