O BNGAsembleas Abertas pide que se permita o pago dos aparcadoiros subterráneos coa tarxeta cidadá
Arroxo lembrou que a creación da tarxeta cidadá tiña como obxectivo que se puidera utilizar para o pago dos servizos municipais
O aparcadoiros soterrados, a pesares de que están xestionados por unha empresa privada, son de titularidade municipal
Lugo, 28 de marzo de 2016. O BNG Asembleas Abertas reclamou que se active un sistema para que se poida utilizar a tarxeta cidadá como medio de pago nos aparcadoiros soterrados que son de titularidade municipal. Arroxo citou o que na propia web do concello se explica como utilidades da tarxeta cidadá e literalmente explicita que progresivamente, o dispositivo gañará versatilidade e sumará novas utilidades. Queremos que esta tarxeta sexa útil para as persoas e que se incrementen as posibilidades de uso da mesma afirmou o voceiro do BNG Asembleas Abertas.
Arroxo lamentou que cinco anos despois da posta en marcha deste dispositivo a única utilidade práctica sexa o pago do servizo público de transporte agora xa non ten uso no servizo da ORA e para poucas cousas máis se puido utilizar. Para o BNG Asembleas Abertas hai unha serie de cuestións que poden mellorarse para facer que Lugo funcione e que non teñen máis custo para as arcas municipais. O aparcadoiros soterrados, a pesares de que están xestionados por unha empresa privada, son de titularidade municipal
No que vai de mandato fixemos máis de 100 propostas para contribuír a un mellor funcionamento deste concello e para facilitar a vida das veciñas e veciños e esta é unha máis sinalou Rubén Arroxo seguiremos a presentar propostas en positivo para que Lugo sexa un concello do século XXI.