O BNG-Asembleas Abertas solicita un maior coidado do entorno do parque da Carballeira

O BNG-Asembleas Abertas solicita un maior coidado do entorno do parque da Carballeira

Para Maite Ferreiro “Cómpre prestar especial atención á limpeza e coidado dos lugares usados polos nenos e nenas”

Tobogan

Lugo, 28 de agosto, 2015. O BNG - Asembleas Abertas solicitou ao goberno municipal unha maior atención na limpeza das zonas de xogo usadas polos nenos e nenas. Para a concelleira Maite Ferreiro esta é unha cuestión importante e afirma que “Cómpre prestar especial atención á limpeza e coidado dos lugares usados polos nenos e nenas”. Dende o grupo nacionalista expuxeron en concreto a zona de xogos infantís que se atopa na carballeira situada na estrada da Granxa “recibimos queixas veciñais polo mal estado en canto a limpeza no que se atopan algúns dos elementos do parque e polo que nos informan os usuarios, isto xa leva meses así” anunciou a concelleira Maite Ferreiro.

 

Dende o grupo nacionalista tamén quixeron resaltar o mal estado no que se atopa o propio parque da Carballeira, na zona paralela á ronda de Fingoi “observamos que os antigos aparatos de ximnasia de madeira que alí se atopan están a sufrir un importante deterioro, polo que sería preciso un mantemento axeitado e periódico”. A concelleira nacionalista tamén fixo fincapé na varanda decorativa que antigamente ía paralela ao sendeiro da propia Carballeira e que a día de hoxe por efectos do vandalismo e do abandono, só quedan restos que dan unha imaxe totalmente negativa.

 

Para o BNG-Asembleas Abertas esta é unha importante zona verde da cidade, situada no centro dunha zona residencial e debemos de apostar para que poida ser usada coma unha zona de ocio e de estar máis para as veciñas e veciños de Lugo.

O BNG-Asembleas Abertas solicita un maior coidado do entorno do parque da Carballeira