aproba
Novas

O pleno municipal aproba a proposición do BNG para instar á Xunta a retirar a declaración de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización proxectada en Lugo

Rubén Arroxo anunciou que o BNG vén de presentar unha proposición ao vindeiro pleno para rexeitar unha clasificación dada pola Xunta de Galiza "que permite reducir á metade os trámites administrativos deste proxecto"

Arroxo dirixiuse ás veciñas e veciños afectados pola planta presentes no pleno: "Sodes un orgullo, estades paralizando algo lesivo para Lugo co voso traballo"

Ler novas
Novas

O pleno municipal aproba as dúas proposicións presentadas polo BNG

A corporación aprobou por unanimidade a proposta do BNG reclamando á Xunta a paralización da planta de biometano proxectada en Lugo, mentres que o PP se abstivo nunha proposta reclamando que o SERGAS garanta o dereito ao aborto no Hospital Público de Lugo

Rubén Arroxo criticou que a planta de Biometano "conta cunha alfombra vermella por parte da Xunta, simplificando os trámites administrativos sen ter en conta a afección do proxecto ás veciñas e veciños"

Maite Ferreiro afirmou durante o debate que "as intervencións da portavoz do PP deixan claro que a Xunta seguirá derivando os abortos instrumentais fóra de Lugo"

Ler novas
Novas

O pleno municipal aproba a iniciativa do BNG reclamando que o investimento da Rolda Leste se adique a recuperar o barrio da Tinería


Arroxo mostrou o seu rexeitamento á planta de biometano de Coeses, "o PP pide que se cumpra a legalidade, pero o problema son as molestias á veciñanza, reclamamos á Xunta retire a declaración de proxecto como iniciativa empresarial prioritaria"

O BNG presentará unha moción ao vindeiro pleno reclamando á Xunta a paralización do proxecto de Coeses

Rubén Arroxo: "Os preto de 20 millóns de euros da estrada poderían adicarse a recuperar unha zona histórica que leva 15 anos abandonada"

"Para que a Rolda Leste cumpra coa normativa actual de protección de espazos naturais, será preciso un cambio de trazado para esta estrada", afirmou Rubén Arroxo

Ler novas