especial
Novas

Participación executa un dispositivo especial de limpeza na Praza de Abastos co que se retiraron máis de 450 Kg de restos das arquetas


Cristina López fixo un chamamento a praceiros e ás asociacións que din representalos "a usar as instalacións de xeito responsable, garantindo o benestar das persoas usuarias e negocios"

A edil de Participación lembrou que nos últimos meses se puxo en marcha un servizo deste tipo de resíduos para facilitar a reciclaxe dos restos orgánicos

Ler novas
Novas

A Área de Participación organiza o Mercado Especial das Flores con motivo da festividade de Santos

Lugo, 29 de outubro de 2019. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acolle o Mercado Especial das Flores, que dende a área se organiza con motivo da festividade de Santos. Este ano, contará con 10 postos que estarán abertos até o día 31 de 8 a 20 horas.

Cristina López lembrou tamén que durante o día de Santos, o Cemiterio encherase de música clásica de 11 a 13:30 e de 16 a 17 horas, e que as persoas que se acheguen, contarán con buses especiais cada 20 minutos.

Ler novas