O BNG denuncia o peche da única oficina bancaria de Samos
Considera que a decisión do Banco Santander é unha mostra máis do desmantelamento de servizos no rural
Considera que a decisión do Banco Santander é unha mostra máis do desmantelamento de servizos no rural
Olalla Rodil: “temos que blindar os servizos públicos, un concello como Navia de Suarna conta con só un médico para toda a poboación”
“Precisamos un cambio real na Galiza, e para iso o primeiro paso será converter a Ana Pontón na primeira presidenta da Xunta”, declarou Olalla Rodil tras a publicación do barómetro do CIS
“A partir do vindeiro ano trataremos de adiantar a data de convocatoria das axudas para facilitar a xestión ás asociacións” afirmou López
Os paneis foron retirados fai un ano pola anterior empresa adxudicataria e dende a área nacionalista agardase poder instalar os novos paneis antes de finais de 2019
Lugo, 13 de agosto de 2019. A concelleira, Cristina López, mantivo unha xuntanza con vendedores que se viñan instalando no aparcadoiro do lateral do auditorio para iniciar a normalización da súa situación
No día de hoxe presentaronse, a través do rexistro, unhas vinte solicitudes para solicitar a creación de novos postos no mercadiño de Frigsa despois de que a concelleira, Cristina López, se reunise con representantes de vendedores que carecían das correspondentes autorizacións para a vente no mercado. A Policía Local procedeu, en diversas ocasións, a advertir a estes vendedores da necesidade de legalizar a súa situación e no día de hoxe procedeuse ao desaloxo da zona.
A edil do BNG, Cristina López, explicou que se procederá a un remodelación da distribución dos postos para "mellorar a seguridade na zona e para garantir, tamén, a ordenzación dos espazos onde se producen as ventas". Recentemente procedeuse ao pintado dos espazos para os postos que xa contaban coa debida autorización e creararanse novos postos para atender as solicitudes que se presenten. "Trátase de mellorar as condicións e a imaxe deste mercado que se celebra todos os martes e xoves no Parque da Milagrosa" sinalou a edil Cristina López.
A reformas que se farán na ubicación do mercado deixarán a rúa paralela ao Auditorio con unha única fila de vendedores para permitir o paso de vehículos de emerxencia en caso necesario. Tamén se crearán espazos de venta no aparcadoiro do lateral do Auditorio para establecer unha ordenación deste espazo onde se viña desenvolvendo un mercadiño paralelo non regularizado. Cristina Ferreiro sinalou "imos darlle a máxima axilidade á tramitación dos permisos solicitados por aquelas persoas que presenten a corresponde documentación e cumplan cos requisitos necesarios para exercer a venta no mercado".
“Para a creación de piscinas públicas termais é preciso coñecer cal é a zona de protección do balneario e ubicalas con garantías” dixo Arroxo
Maite Ferreiro explicou que “o goberno non foi capaz de cubrir a baixa dunha das traballadoras sociais do concello, cando a baixa estaba prevista e é de longa duración”
A edil Maite Ferreiro pediu que se convoque á volta do San Froilán e que se cumpra o acordo de incluír na orde do día as propostas de diferentes colectivos sociais
“Nalgunhas parroquias xa se anunciou varias veces que se ían executar servizos de abastecemento de auga ou de saneamento, que despois se perderon polo camiño” sinalou Rubén Arroxo