BNG de Lugo Centro
Novas

O BNG de Monterroso critia a perda de axudas do goberno local

Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.

Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.

“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.

“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.

O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.

“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez  

 

 

 

Ler novas