BRAIS VÁZQUEZ: "DENDE O BNG LAMENTAMOS QUE O GOBERNO DO PP NON VEXA COMO PRIORITARIO UNHA AXEITADA PLANIFICACIÓN E UNHA XESTIÓN DA ADECUADA DUN BEN PREZADO COMO É A AUGA"
O BNG de Monterroso amosa a súa preocupación pola improvisación do goberno local na xestión da auga e da rede de abastecemento
Brais Vázquez: "Dende o BNG lamentamos que o goberno do PP non vexa como prioritario unha axeitada planificación e unha xestión da adecuada dun ben prezado como é a auga"
Monterroso, 22 de novembro do 2024. O BNG de Monterroso mostra a súa preocupación pola improvisación do goberno local na xestión da auga e da rede de abastecemento. Brais Vázquez, o voceiro nacionalista, "mostramos a nosa preocupación pola xestión da rede de abastecemento de auga do concello pois é algo que pode traer consecuencias nun curto prazo".
A Xunta propuxo fomentar o control da auga ante as masivas perdas xeradas por fugas nas redes, que son competencia dos concellos. No ano 2022 tomou unha medida disuasoria co fin de castigar aos concellos con recargo no canon a aqueles que superasen o 20% destas perdas. "Dende o BNG non temos datos da situación actual e iso é preocupante, xa que a lei impón a obriga de auditar e publicar a información da perda de auga na rede do Concello".
O grupo nacionalista denuncia que esta auditoría non se ten feito e non existe previsión de que isto ocorra. "É evidente de que existe pasotismo por coñecer o estado no que está e por mellorar e corrixir a medio prazo as anomalías que presenta unha rede de abastecemento antiga. O equipo de goberno, como está sucedendo coa depuradora, ten problemas na xestión da auga, pero a nosa obriga é contarlle a realidade aos veciños"
En Marzo do ano 2023, antes da eleccións, o voceiro nacionalista xa tiña alertado disto. "A recente decisión da Xunta de dar unha prórroga á suba deste canon danos unha oportunidade para poder arranxar o problema", detalla. Desde o BNG denuncian e reclaman que se tome este asunto como prioritario, xa que son anos de atraso para cumprir o que esixe a normativa, ademais critica que se están perdendo axudas da Xunta que están encamiñadas a auditar ou a reparar as posibles perdas de auga e denuncia que os Orzamentos da Xunta do 2025 se esquezan da planta depuradora.