"ORGANIZAMOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES DIVERSAS PARA ANIMAR Á VECIÑANZA A ACHEGARSE AO CEMITERIO", AFIRMOU CRISTINA LÓPEZ

Cristina López presenta as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro


"Organizamos unha serie de actividades diversas para animar á veciñanza a achegarse ao cemiterio", afirmou Cristina López

Os días 27 de outubro e 1 de novembro, o Cemiterio contará con música a cargo da Asociación Músico Crisanto

O cemiterio amplía os seus horarios entre o 27 de outubro e o 2 de novembro, abrindo de maneira ininterrumpida entre as 09:30 e as 19:00

Cristina López presenta as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro



Lugo, 24 de outubro de 2024. Cristina López, concelleira Participación e Servizos para a Veciñanza, presentou as actividades que se realizarán no Cemiterio enmarcadas na celebración do 1 de novembro. Cristina López explicou que a actividade se estenderá ao longo de todo o mes, "achegando un ano máis unha serie de actividades diversas coas que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio", explicou Cristina López.

Un ano máis, na xornada do 1 de novembro, repetirase a iniciativa da árbore da luz, posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía nos dous últimos anose que foi un éxito entre todas as persoas que visitaron o cemiterio nestas datas. Todas as persoas que se acheguen poderán deixar as súas mensaxes para as e os defuntos a través de cintas que se colgarán da árbore instalada na entrada do cemiterio.

O 29 de outubro e o 1 de novembro, o Cemiterio encherase de música durante todo o día, coas agrupacións da asociación Músico Crisanto realizando distintos concertos. O día 2, celebrarase a ofrenda floral da Corporación Municipal a todos os defuntos do Cemiterio Municipal, mentres que as lecturas dramatizadas de Don Juan Tenorio, a cargo de Palimoco Teatro, terán lugar o día 14 e o día 16 a partir das 20:00. O Don Juanín, a cargo de nenas e nenos de Palimoco, terá lugar o día 17 ás 17:00 e ás 19:00. As entradas para ambas representacións teatrais poderanse retirar na Oficina de Turismo da praza do Campo, ou reservarse chamando ao Cemiteirio.

As actividades continuarán co concerto da lembranza, que será o 07 de novembro ás 19:00, e co Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo terá lugar do 01 de outubro até o 15, e nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Pode consultarse máis información contactando coa área de Participación.

Cristina López presenta as actividades organizadas no Cemiterio Municipal arredor do 1 de novembro