20 SUXESTIÓNS PARA O BORRADOR DE PROXECTO DA ORDENANZA DE PUBLICIDADE

20 SUXESTIÓNS PARA O BORRADOR DE PROXECTO DA ORDENANZA DE PUBLICIDADE

IMG_2964Para o BNG non é “serio” que se inicien procedementos para a probación de ordenanzas e queden gardadas nun caixón como sucedeu coa de contaminación acústica

Paz Abraira lembrou que “fai un ano que o pleno do concello aprobou que se elaborara unha norma para regular a colocación de publicidade exterior” e “pedimos que a norma estableza o necesario control sobre a publicidade sexista nos soportes publicitarios”

Lugo, 17 de marzo, 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, deu conta das vinte propostas que feitas polo grupo nacionalista sobre o documento redactado polo goberno municipal como base para a futura ordenanza de publicidade exterior do concello de Lugo. Nestas vinte propostas trátanse de mellorar diferentes aspectos relacionados co contido, a redacción, o réxime sancionador ou os órganos de decisión sobre a propia norma. Abraira sinalou que “fai un ano, no mes de marzo de 2013, o pleno do concello aprobou que se elaborara unha norma para regular a colocación de publicidade exterior”. A corporación municipal tomara esta decisión cos votos en contra do partido popular.

Os nacionalistas presentaron estas suxestións, a finais do pasado ano, en base a un documento inicial que fora presentado polo goberno municipal como borrador do que será o proxecto de ordenanza. Paz Abraira resaltou que para o BNG non é “serio” que se inicien procedementos para a probación de ordenanzas e queden gardadas nun caixón como sucedeu coa de contaminación acústica. Abraira pormenorizou determinados aspectos que figuran neste borrador da ordenanza e que foron cuestionados polo BNG e dixo que “non se sabe se esta norma vai ter por finalidade regular ou prohibir a colocación de publicidade”.

No borrador figura que so se poderá instalar un balado publicitario por parcela e “está claro que esto non vai resolver o problema da concentración de publicidade por que dependerá do  tamaño das parcelas”. Igualmente aparece a obrigatoriedade da colocación dos balados en paralelo ao eixo da vía e segundo Paz Abraira “hai que ter en conta a finalidade da instalación, que non é outra que facer publicidade, e a colocación paralela á vía dificulta a visibilidade e pode, incluso, provocar accidentes de circulación”.

Outro aspecto significativo desta norma é a regulación retroactiva das placas nas que se situarían as placas informativas sobre as actividades de profesionais liberais que se instalan non edificios onde exercen a actividade “non resulta lóxico darlle ás placas e rótulos unha vixencia de 3 anos e obrigalos a solicitar e pagar de novo a renovación da autorización” dixo Abraira. Neste caso mentres perdure a actividade debe perdurar a autorización. Paz Abraira sinalou que “os profesionais non se lucran coa colocación do rótulo ou placa, polo que o concello tampouco debe facelo”. Para o BNG non “é lóxico considerar unha infracción grave a utilización de soportes de mobiliario urbano para pegar autocolantes, carteis anunciadores de pisos, anuncios de actos sociais, sindicais, políticos, etc. resulta esaxerado”.

Publicidade para o tráfico de mulleres

Parte das suxestións do BNG pretenden que a norma estableza o necesario control sobre a publicidade sexista nos soportes publicitarios. Segundo destacou a edil do BNG “o goberno iniciou o proceso de redacción desta norma se contar, nin sequera, co visto bo do departamento de igualdade do propio concello”. A edil nacionalista lembrou, tamén, que no mes de xullo do ano 2013 o BNG xa lle urxira ao goberno local a elaboración desta norma para regular a publicidade e evitar o uso da imaxe da muller como mercadoría. Aínda a día de hoxe na cidade de Lugo existen valos publicitarios, en diferentes zonas da cidade como mostra, entre elas a Avenida da Coruña e a de Madrid, nos que se anuncian locais nos que se trafica cos corpos das mulleres.

20 SUXESTIÓNS PARA O BORRADOR DE PROXECTO DA ORDENANZA DE PUBLICIDADE