O BNG RECLAMA QUE SE OPTIMICEN OS RECURSOS DO CONCELLO EN MATERÍA DE TURISMO

O BNG RECLAMA QUE SE OPTIMICEN OS RECURSOS DO CONCELLO EN MATERÍA DE TURISMO

IMG_2953A edil nacionalista, Cristina Ferreiro, dixo que “a web de municipal de turismo e as aplicacións para dispositivos móbiles están baleiras de contidos en canto á programación de actividades”

Na web de turismo figura que o San Froilán é en setembro e que o Arde Lucus será o 25 e 26 de xuño. Na aplicación para móbiles so aparecen actividades no MIHL referidas a marzo e xullo de 2013

Lugo, 14 de marzo, 2014. O BNG demandou hoxe, por voz da edil Cristina Ferreiro, que se optimicen os recursos dos que dispón o concello para a promoción turística de Lugo. Ferreiro explicou que, dende o goberno municipal, “parece que non existe preocupación por aproveitar e optimizar os recursos dos que dispoñemos para incrementar o número de visitantes”. Ferreiro engadiu que “hoxe en día é vital, para a promoción turística, que os medios virtuais sexan cribles e conteñan unha información exacta e verdadeira”.

Cristina Ferreiro sinalou que “a web de municipal de turismo e as aplicacións para dispositivos móbiles non dispoñen da programación de actividades culturais e lúdicas que se programan dende o concello”. “Resulta difícil de entender que, cando é o mesmo departamento o que xestiona turismo e cultura, non haxa capacidade para facer que a actividade cultural se reflexe nos contidos da web de turismo”. Dende o BNG sinalaron, tamén,  que o concello de Lugo está a facer importantes desembolsos económicos para a posta en marcha destas plataformas virtuais e para o seu mantemento “e pola contra semella que non hai vontade política para darlles a utilidade e a importancia que teñen estas ferramentas para a economía lucense”.

IMG_2954A edil nacionalista exemplificou esta falta de atención sinalando o feito de que “na web de turismo figura que o San Froilán é no mes de setembro e que Arde Lucus será o 25 e 26 de xuño (http://www.lugoturismo.com/agendacultural/?pag=programacioncultural) e na aplicación para móbiles so aparece información sobre a edición do 2013”. Nesta mesma web aparece o antroido situado entre o 16 e o 20 de febreiro. Outro exemplo desta desatención é que na aplicación para dispositivos móbiles Lugo Turismo, en referencia á actividade do MIHL, somentes aparece información referida a marzo e xullo do ano 2013 e “non aparece ningunha información a respecto das actividades e exposicións que se teñen realizado dende aquela” dixo Cristina Ferreiro.

O BNG RECLAMA QUE SE OPTIMICEN OS RECURSOS DO CONCELLO EN MATERÍA DE TURISMO