MÁIS DUNHA DÚCIA DE FAROLAS QUE NUNCA FUNCIONARON

MÁIS DUNHA DÚCIA DE FAROLAS QUE NUNCA FUNCIONARON

IMG_2908O BNG demanda que se poña en funcionamento os puntos de luz do lugar de Corras de Abaixo (Pías)

As luminarias foron instaladas por ADIF cando acometeu a obra para a eliminación do paso a nivel

Lugo, 13 de marzo, 2014. O BNG demandoulle ao goberno municipal a posta en funcionamento do alumeado público que instalou ADIF cando se acometeu a obra de eliminación do paso a nivel do ferrocarril no lugar de Corrás de Abaixo, na parroquia de Pías, fai uns 5 anos. Para Paz Abraira “resulta inexplicable que despois de varios anos tras a súa instalación non se procedera á súa conexión á rede de alumeado público”. As luminarias, desde que a obra foi recibida, nunca chegaron a funcionar, o que supón un absoluto despropósito administrativo e un importante prexuízo para as persoas que por alí transitan.

No lugar de Corrás de Abaixo, na parroquia de Pías, realizouse unha obra para a eliminación dun paso a nivel sobre o ferrocarril consistente na construción dun paso soterrado baixo a vía do ferrocarril. Dentro das actuacións acometidas instaláronse un número considerable de farolas no trazado da pista e a ambos os dous lados da vía do ferrocarril. Segundo explicou Paz Abraira “o conxunto de farolas do que estamos a falar están a unha distancia inferior aos 50 metros dende o último punto de luz da rede de alumeado público, polo que non debería existir ningunha complicación técnica para proceder á conexión”.

IMG_2905A falta de iluminación supón, ademais dun perigo para o tráfico, un grave transtorno para as persoas da zona que teñen que transitar pola zona e sobre todo por debaixo da ponte que soporta a vía do ferrocarril. Segundo comentaron os veciños do lugar o alumeado somentes funcionou cando estivo en período de probas. Paz Abraira afirmou que, “xunto co tema do saneamento, esta é unha mostra máis da falta de actuación do goberno municipal polos veciños e veciñas de Lugo e concretamente da parroquia de Pías”.

MÁIS DUNHA DÚCIA DE FAROLAS QUE NUNCA FUNCIONARON