O BNG DEMANDA QUE NON SE LLES APLIQUE AOS VECIÑOS A SUBA DO 34% IMPOSTA POR SOGAMA, A XUNTA E O PP
Paz Abraira lembrou que calquera pode ver no seu recibo da auga como o 12% corresponde ao canon imposto pola Xunta que non repercute en ningún beneficio para a xente
Son alcaldes do BNG os que abandeiran as reivindicacións xustas contra o taxazo de SOGAMA ou o repago dos medicamentos afirmou Paz Abraira
Lugo, 11 de marzo, 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, demandou do goberno municipal de Lugo que recurra a suba de taxas imposta por SOGAMA e que non repercuta nas veciñas e veciños de Lugo a suba dos 700.000 euros que suporá para o noso concello. A voceira nacionalista lembrou que a Xunta xa nos está a cobrar o canon da auga ao que se opuxo o BNG no seu día e que agora todos e todas podemos ver nos nosos recibos. Abraira, a través dun exemplo concreto explicou que a aplicación deste canon da auga supón aproximadamente un 12% para os domicilios particulares e representa un 4% para os locais de oficina. Abraira que reclamou unha rebelión ante as medidas inxustas aplicadas pola Xunta de Galiza e afirmou que son os concellos do BNG os que lle fan fronte ás imposicións do PP, neste momento o canon de SOGAMA e o repago dos medicamentos que abandeirou Riotorto.
A voceira nacionalista no concello de Lugo destacou que a suba que SOGMA lle vai aplicar ao concello de Lugo representa uns 700.000 que repartido entre os 60.000 recibos que se emiten supón que para usuario se vai incrementar uns 11 euros e engadiu que esta suba que non vai supoñer ningunha mellora.para ninguén agás para salvar o resultada de contas das compañías electricas que teñen participación accionarial en SOGAMA. A suba imposta por SOGAMA, coa conivencia da Xunta de Galiza e do PP, aplicouse de xeito unilateral por parte da empresa, sen contar para nada cos concellos, e incumprense os contratos suscritos entre os entes municipais e a empresa para o tratamento do lixo.
No mesmo momento en que a voceira do BNG de Lugo comparecía en rolda de prensa un bo número de alcaldes e alcaldesas de todo o páis estaban a concentrarse no parlamento galego para demandar a paralización deste taxazo. Abraira lembrou que foron moitos os intentos destes concellos, abandeirados polo goberno nacionalista de Monforte, para que non se aplique o tasazo de SOGAMA polo tratamento do lixo. Paz Abraira refereiuse ás políticas impositivas do PP e afirmou que as medidas da Xunta van encamiñadas a lastrar a situación económica de moitas familias e de moitos negocios.
Alternativas a SOGAMA
A edil nacionalista lembrou que o concello de San Sadurniño, gobernado polo BNG, organizará unhas xornadas para estudar diversas alternativas á xestión de residuos. Unhas alternativas que deben pasar pola redución e pola creación de plantas de tratamento nas distintas zonas xa que non é normal andar paseando o lixo por todo o país afirmou Abraira. A edil nacionalista lembrou tamén que no bipartito no que participou o BNG entre os anos 1999 e 2003 estaba prevista a creación dunha planta de compostaxe para o concello de Lugo, unha planta á que se negou Orozco e que hoxe tería solucionado o problema que se lle plantexa agora ao concello.
Os cartos da Xunta solo se destinan a SOGAMA. Abraira tamén se referiu á planta de tratamento do Barbanza á que á que se acaba de sumar, o concello de Rianxo, tamén gobernado polo BNG.
O PP, no parlamento galego, rexeita un recurso contra a reforma de Lei de administración local
Paz Abraira referiuse tamén ao rexeitamento do PP á proposta do BNG na que se plantexaba, no parlamento galego, un recurso ante o Constitucional á lei de reforma da administración local. Para o BNG esta reforma da Lei vulnera a autonomía local e socava o autogoberno de Galiza, é unha lei centralista, centralizadora, privatizadora ao servizo do austericidio dos servizos públicos que consolida un modelo de Estado baseado na división provincial e na homologación de todos os territorios. A maior parte dos servizos públicos, que agora pasar?n a mans das Deputacións provinciais, serán privatizados porque a lei establece que a principal funcións das administracións públicas é asegurar o proxecto de estabilidade financeira e non a prestación de servizos de calidade á cidadanía.