O BNG DEMANDA O ACONDICIONAMENTO DO PASEO DO MIÑO
Paz Abraira dixo que é o momento de que se reparen os danos feitos polas chuvias durante estes meses para evitar que se continúe a deteriorar o estado das zonas de paseo
Ademais os nacionalistas esixiron que o control do acceso de vehículos á zona do parque do Miño
Lugo, 10 de marzo, 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, demandoulle ao goberno municipal que se proceda a acondicionar as zonas de transito do paseo do Miño. Abraira sinalou que é normal que despois dun tempada de con tantas precipitacións os camiños do parque se deterioren, pero consideramos que o goberno municipal debe acometer o seu arranxo para evitar un maior deterioro. Son moitas as persoas que, a partir de agora, utilizarán esta área como zona de esparcemento e para o BNG compre que se acondicionen os viaís e sendeiros que están totalmente deteriorados polo paso de vehículos.
Ademais, dende o BNG, solicitaron que se controle o acceso á zona xa que está claro que maior parte dos danos están provocados pola circulación de vehículos. Segundo
Paz Abraira está claro que hai servizos como o de mantemento e atención aos servizos públicos que precisan acceder cos seus propios vehículos pero debemos de tratar que esto se minimice ao máximo. Veciños e veciñas poden comprobar o actual estado desta zona de esparcimento da cidade e a necesidade de que se acomentan as actuacións necesarias para a súa conservación.