ANA MIRANDA ESTIVO EN LUGO COS AFECTADOS POLAS PREFERENTES

ANA MIRANDA ESTIVO EN LUGO COS AFECTADOS POLAS PREFERENTES

IMG_3105 IMG_3115 IMG_3124 IMG_3128A europarlamentaria do BNG participou na mobilización habitual dos xoves e participou nun encontro no que se analizou a situación actual

“A débeda de NGB, con máis de  35.000 familias, supera os 500 millóns de euros na estafa galega das preferentes” afirmou Ana Miranda

Lugo, 3 de abril, 2014. A europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, participou hoxe en Lugo nun encontro con persoas afectadas polas participacións preferentes e subordinadas. No acto, celebrado no salón de actos da casa sindical, participou tamén Suso Dominguez como representante da coordenadora das plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de Galiza.  Ana Miranda estivo presente, tamén, na habitual mobilización que todos os xoves veñen realizando os preferentistas.

Ana Miranda dixo que “non é normal que, dentro da unión europea, un país como o noso se permita ter a tantas persoas estafadas”. Miranda acusou ao goberno do estado de permitir que á banca, rescatada cos cartos de todos, “se lle permita negar o crédito ás persoas e ás familias mentres lles rouba os cartos aos aforradores”. Ana Miranda sinalou que “o BNG lle remitira, dende o parlamento europeo, unha carta ao comisario Almunía para que facilite unha resposta urxente sobre a situación legal na que se atopan as persoas estafadas en base á lexislación europea”.

Ana Miranda garantiu “o compromiso do BNG para traballar, no parlamento europeo, a prol das persoas afectadas” e engadiu que “o BNG foi e será a voz dos preferentistas na comisión de peticións do parlamento europeo”. A europarlamentaria fixo alusión á complicidade necesaria do estado español con esta estafa masiva e con todas e cada unha das 52 entidades que comercializaron produtos similares enganando á xente. Miranda lembrou que, no caso de NGB, aínda están retidos máis de 500 millóns de euros que se lles adebedan a máis de 35.000 familias.

ANA MIRANDA ESTIVO EN LUGO COS AFECTADOS POLAS PREFERENTES