APOSTAMOS POLA IMPLANTACIÓN DA ZONA 30 NA CIDADE ANUNCIOU RUBÉN ARROXO
Arroxo sinalou que hai que apostar por outro modelo de cidade no que os coches respeten ás persoas e así evitar os atropelos
Membros da candidatura do BNG - Asambleas Abertas presentaron as liñas que centrarán o seu programa electoral
Lugo, 17 de abril de 2015. Rubén Arroxo, acompañado de membros da canddidatura do BNG AA deu a coñecer as liñas básicas que centrarán o seu programa electoral. Arroxo apostou por un modelo de cidade máis amable coas persoas e anunciou que pularemos por implantar zonas 30 na maior parte da cidade. Arroxo dixo que as nosas prioridades son primeiro as persoas, segundo as bicicletas, terceiro o transporte público e cuarto os vehículos. Arroxo lembrou que no que vai de ano xa van máis dunha decena de atropelos de peóns na cidade de Lugo e dixo que hai que apostar por outro modelo de cidade no que os coches respeten ás persoas e así evitar os atropelos.
O candidato do BNG AA enumerou un total de 5 eixos fundamentais arredor dos que se desenvolverá o programa de goberno da candidatura nacionalista. Para Arroxo será prioritario traballar na creación de emprego e a respecto da política impositiva destacou que terá que pagar máis quen máis ten. Rubén Arroxo asegurou que hai que cubrir as necesidades básicas das persoas e ninguén pode pasar fame, nin frio, nin durmir na rúa neste concello.
Outra das liñas a seguir marcadas polo candidato do BNG Asambleas Abertas será a de respetar e axudar a quen traballe nos ámbitos da igualdade, da cultura e do deporte xa que, engadiu apostamos pola vida neste concello e faremos que Lugo funcion. Rubén Arroxo dixo, en referencia aos edificios públicos abandoados que hai no concello actualmente, que Lugo non quere máis edificios sen contido e para esto asegurou que contras as obras faraónicas que outros propoñen nos apostamos por darlle utilidade ao que xa hai, rehabilitar e rehabitar a nosa cidade.
Rubén Arroxo tamén destacou que, en canto ás políticas para as parroquias e o medio rural, darémoslles voz aos veciños e veciñas por que quen vive nas parroquias ten os mesmos dereitos que quen vive na cidade e nos imos escoitar, atender e resolver as súas demandas. Non imos continuar as políticas caciquís iniciadas polo PP e continuadas polo PSOE concluiu Arroxo.
Arroxo reiterou a necesidade de que se execute a propota do BNG de dotar a Lugo cunha zona pública de baño e de implementar as medidas necesarias para eliminar a contaminación do río Miño. O río Miño e o seu entorno é un espazo privilexiado e por eso precisa dun coidado comprometido para que todos e todas poidamos disfrutar nel dixo Arroxo.