O BNG-AA pedirá o arranxo e adecentamento da rúa Pousadela
Rubén Arroxo lembrou que é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade
Veciñas e veciños do Carme e da Cheda non poden agardar pola chegada de fondos europeos, cando aínda non se sabe nada do DUSI sinalou Arroxo
Lugo, 5 de agosto 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo anunciou hoxe que requerirá, do goberno municipal, o arranxo a e adecetamento da rúa Pousadela. Esta rúa é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade lembrou Arroxo que visitou a rúa e comprobou o mal estado do firme e a existencia de vexetación invasora do espazo da rúa. Moitas persoas utilizan esta rúa para achegarse ao centro da cidade dende a Cheda, tanto en coche como camiñando.
Rubén Arroxo lembrou que estes días escoitamos falar das melloras que se van producir nesta zona da cidade se o concello obtén fondos europeos, mais veciñas e veciños do Carme e da Cheda non poden agardar pola chegada de fondos europeos, cando aínda non se sabe nada do DUSI. Arroxo lembrou que a atención aos barrios é un prioridade para o BNG-AA e neste caso a intervención necesaria ten moi baixo custo.
A rúa Pousadela, segundo o voceiro do BNG-AA, precisa unicamente dun arranxo das fochancas que a fan practicamente intransitable e dunha limpeza da maleza que invade a vía. Tendo en conta que a rúa Pousadela ten unha lonxitude duns 200 metros, trátase dunha obra de baixo custo que redundará, sen dúbida, na calidade de vida das perosas que utilizan a diario afirmou Arroxo.