O BNG-AA denunciou o mal estado da estrada vella de Lugo ao Páramo entre Conturiz e San Xoan da Pena

O BNG-AA denunciou o mal estado da estrada vella de Lugo ao Páramo entre Conturiz e San Xoan da Pena

Rubén Arroxo afirmou que “a veciñanza queixase de desatención e incluso da indefinición dos límites das parroquias”

O tramo que da acceso a máis de media ducia de vivendas, detrás dunha coñecida industria cárnica, está en total estado de abandono

 

Lugo, 6 de agosto 2016. Un grupo de veciños de Conturiz contactaron co voceiro do BNG-AA no concello de Lugo para denunciar o mal estado da estrada vella do Páramo na zona de Conturíz. Rubén Arroxo explicou que se trata dun tramo morto da estrada que quedou en desuso para os vehículos que van cara o Páramo “mais é utilizada como acceso polas persoas que residen na zona e por unha coñecida industria cárnica da zona.” Rubén Arroxo visitou, acompañado dun grupo de veciños, este tramo da estrada que precisa dunha revisión do firme.

IMG_8364 (2)

Rubén Arroxo afirmou que “a veciñanza queixase de desatención e incluso da indefinición dos límites das parroquias”. O voceiro do BNG-AA explicou que o cambio de límites das parroquias produciu nesta zona un problema de falta de definición de enderezos para algunhas das vivendas e así lle foi manifestado por parte dos veciños. Arroxo dixo que “o goberno municipal debería facer partícipe á veciñanza para esta toma de decisións e comunicar os cambios a todas as persoas afectadas no momento en que se fan os cambios de límites parroquiais”.

O BNG-AA denunciou o mal estado da estrada vella de Lugo ao Páramo entre Conturiz e San Xoan da Pena