O BNG-AA solicitou permiso da CHMS para colocar unha rampa no Miño e crear a zona de baño público
Estamos en disposición de instalar unha rampa de madeira que permita un acceso a bañistas para que se poida disfrutar do río este verán afirmou Rubén Arroxo
O voceiro nacionalista afirmou que nin PP, nin PSOE queren facer a zona de baño no río por que defenden outros intereses, como se demostrou coa fábrica da luz
Lugo, 20 de xullo 2016. O voceiro do BNG - AA en Lugo, Rubén Arroxo, rexistrou un escrito dirixido ao Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para solicitar o pertinente permiso para a instalación dunha rampa de madeira que permita un acceso seguro a bañistas na zona de As Saamasas. Arroxo dixo que levamos, os lucenses, máis de 7 anos agardando pola zona de baño no río dende que se anunciou e estamos en disposición de instalar unha rampa de madeira que permita un acceso a bañistas para que se poida disfrutar do río este verán.
Rubén Arroxo sinalou que levar a zona de baño de pública á zona das Saamasas pode conlevar un custo duns 200.000 mentres que o PP xa anunciaba no ano 2014 que construir a zona de baño na Tolda tería un custo de 2.000.000 de euros e afirmou ao mellor o interese do PP está en que se faga esta inversión pública na compra de terreos e en obras, mais que en dotar a Lugo desta instalación necesaria.
Arroxo afirmou que nin PP, nin PSOE queren facer a zona de baño no río por que defenden outros intereses, como se demostrou coa fábrica da luz e engadiu que despois de disfrazar esta falta de intención política nunha maraña burocrática agora pretenden desviar o debate a cal debe ser o emprazamento. O voceiro do BNG - AA afirmou que temos claro que facer un acceso para o baño non é caro nin complexo.
Dende o BNG esixiron, unha vez máis, un proxecto serio para a zona de baño e vontade política para executala. Arroxo dixo que cun PSOE inoperante no goberno e cun PP que busca promover unha obra nun lugar no que se lle ven intereses non sabemos de que tipo, quen aquí vivimos continuamos privados de bañarnos no río nunha condicións dignas.