O BNG-AA propón aproveitar agosto para solventar as numerosas deficiencias das garderías municipais
Todo o mes de xullo estivo un radiador aceso na de Gregorio Sanz e os biberóns prepáranse no mesmo espazo no que se cambian os cueiros e están os inodoros explicou Maite Ferreiro
Os ediles do BNG-AA visitaron durante estes últimos meses as escolas infantís municipais para coñecer o seu funcionamento
Lugo, 21 de xullo 2016. Todo o mes de xullo estivo un radiador aceso na de Gregorío Sanz e os biberóns prepáranse no mesmo espazo que se cambia nos cueiros e están os inodoros explicou Maite Ferreiro que exemplificou así as deficiencias existentes nas escolas infantís municipais. A edil do BNGAA, Maite Ferreiro, que visitou a totalidade escolas infantís municipais dixo que non se trata de cuestións graves que poñan en cuestión o funcionamento deste servizo municipal pero o goberno debe poñerse a traballar para solventalas.
O BNG-AA propón aproveitar agosto para dar solución as numerosas deficiencias das garderías municipais. Maite Ferreiro sinalou que resulta incribel que, por exemplo, non se arranxe o problema da calefacción da Escola Infantil Gregorio Sanz que leva todo o curso funcionando mal e que durante todo o mes de xullo permaneceu, pese ás altas temperaturas, cun radiador aceso por que ninguén era capaz de apagalo.
Para o BNG-AA resulta difícil de entender que o goberno municipal, sendo coñecedor desta serie de problemas, non actúe de xeito inmediato para darlles solución. Todos sabemos que se trata das instalacións máis sensibles de todas as que posue o concello polo tipo de servizo que se ofrece nelas e por ser utilizadas por crianzas de moi curta idade dixo Maite Ferreiro e reclamou do goberno municipal a eficiencia necesaria para que en setembro estas cousas queden resoltas.
Ferreiro chamou, tamén, a necesidade de que se exerza o debido control sobre as empresas que prestan servizos nestes centros municipais e, tamén, sobre o funcionamento das propias Escolas. Temos que ter garantías de que as comidas que se serven, ás nenas e nenos, se correspondan realmente cos menús deseñados para a súa dieta suliñou a edil do BNG-AA.