O BNG AGARDA UN INCREMENTO NO NÚMERO DE RECURSOS AO PXOM NA PARTE DO 5% QUE FOI MODIFICADA

O BNG AGARDA UN INCREMENTO NO NÚMERO DE RECURSOS AO PXOM NA PARTE DO 5% QUE FOI MODIFICADA

Os contenciosos presentados son diversos e afectan a varias zonas do concello

Bao desmentiu as declaracións de Basadre e sinalou que o concello de Lugo tivo presenza en Fitur 2012

LUGO, 18 de xaneiro de 2013. A edil nacionalista Paz Abraira anunciou, en rolda de prensa, que o concello de Lugo recibiu un total de 23 anuncios de recurso contencioso-administrativo ao documento do PXOM na parte que xa estaba aprobada pola Xunta de Galiza. Unha ducia de recursos foron xa presentados formalmente e os outros están en prazo para facelo. Un dos recursos anunciados xa foi arquivado tras o anuncio do recurrente de que non fara efectivo a presentación do recurso. Paz Abrira dixo que “é positivo que os cidadáns saiban como se ve este PXOM e por eso trasladamos esta información xa que o PP e PSOE terán negociado coa xunta a aprobación do 5% restante do documento”e engadiu que “os dous partidos teñen interés en que se aprobe rápido o plan e que non se fale del”.

Os recursos afectan a diversas zonas do concello. Abraira sinalou que “moitos dos contenciosos foron motivados por que houbo fortes modificacións no documento respecto á aprobación inicial e definitiva sen que tiveran oportunidade, entre tanto, de presentar os correspondentes recursos” e veñen a darlle a razón ao BNG, segundo Abraira “cando pediamos unha segunda exposición pública do documento xa que eran moitos os cambios respecto do primeiro”.

Paz Abraira lembrou os motivos que levaron a que o BNG votase en contra da aprobación deste plan xeral e referiuse a que “este PXOM é absolutamente desproporcionado e moi voraz, son propostas absolutamente teóricas que lle causarán perxuizos económicos a moitos veciños que verán un incremento no recibo da contribución”.

Un número de recursos que, segundo Paz Abraira, “verase incrementado no momento en que se abra o prazo para a presentación dos recursos na parte correspondente a ese 5% que foi modificado pola xunta de Galiza”. Abraira lembrou que “a modificación dese 5 %, a pesares de ser un cambio cuantitativamente pequeno, si que tivo importantes modificacións cualitativas respecto ao documento inicial e dase nas zonas máis sensibles”.

Abraira foi enumerando as zonas ás que afectan os contenciosos presentados, entre estas zonas, unha da máis afectada é o entorno de Marqués de Ombreiro, na Avenida dos Deportes (zona da gasoliñeira) e na propia rúa Marqués de Ombreiro na franxa esquerda en sentido descendente por que hai propietarios que non están dacordo coa modificación que se fixo e canto a calificación urbanística.

Algúns contenciosos refírense aos urbanizables delimitados na zona rural que agora non aparecen como tal, un deles é o caso do coñecido como urbanizable do Círculo das Artes. Outros afectan á rúa Armórica – Poligono de Fingoi- xa que alegan os afectados que non se recolle como tal a propia delimitación do polígono de Fingoi. Na Ceña de Olga a parcela na que se ubica o novo auditorio, a parcela queda dividida en 2 unha parte vai para novo auditorio e a outra para a construción de vivendas.

Tamén hai contenciosos presentados na zona de Bosende pola delimitación de núcleos rurais. Outra das zonas que recolle máis contenciosos é a do barrio do Carmén polo tratamento desigual que se lle da ás parcelas. Otros do contenciosos afectan a elementos catalogados, como é o caso dun chalet en Ramón Montenegro, ou a delimitación do centro educativo Galén.

Paz Abraira lembrou os motivos que levaron a que o BNG votase en contra da aprobación deste plan xeral e referiuse a que “este PXOM é absolutamente desproporcionado e moi voraz, son propostas absolutamente teóricas que lle causarán perxuizos económicos a moitos veciños que verán un incremento no recibo da contribución”.

Fitur

Antón Bao desmentiu as declaracións de Basadre en relación á participación do concello na feira de turismo Fitur nos dous anos pasados. O ex-edil de cultura e turismo sinalou que, mentres o BNG tivo responsabilidades en turismo, o concello de Lugo estivo presente en Fitur 2012, igual que este ano, cun stand propio dentro do espazo de Turgalicia.

Bao lembrou que a época na que el tiña responsabilidades en turismo eliminouse a asistencia de cargos políticos a esta feira xa que, segundo o voceiro do BNG no concello de Lugo, “hai que promocionar os atractivos turísticos de Lugo e non aos políticos”. O ex-edil de cultura e turismo lembroulle, á actual reponsabel da área, que no ano 2011 quen tiña responsabilidades nesta materia era o partido socialista e mesmo o alcalde asistiu á feira.

Nova na web do concello sobre Fitur 2011:

http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227494645186&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=Texto1

 

Nova na web do concello sobre Fitur 2012:

http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227499249690&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=Texto1

 

 

O BNG AGARDA UN INCREMENTO NO NÚMERO DE RECURSOS AO PXOM NA PARTE DO 5% QUE FOI MODIFICADA