O BNG APOIOU A PROPOSTA PARA QUE O CONCELLO FAGA UNHA XESTIÓN DIRECTA DO CICLO DA AUGA

O BNG APOIOU A PROPOSTA PARA QUE O CONCELLO FAGA UNHA XESTIÓN DIRECTA DO CICLO DA AUGA

IMG_5572Para o BNG “o goberno municipal debe avanzar cara unha remunicipalización completa dos servizos dos que depende o ciclo da auga”

Paz Abraira dixo que “os concellos deben opoñerse ás leis e normas inxustas que foron feitas para que as grandes empresas se lucren á conta das necesidades das persoas”

Lugo, 15 de decembro 2014. Paz Abraira informou que o BNG apoiu, na comisión de xestión do ciclo da auga, a proposta de que sexa o propio concello quen xestione todo o ciclo da auga en Lugo. Abraira sinalou que “o BNG vai seguir apoiando todas as medidas encamiñadas a que sexa o propio concello quen xestione estes servizos”. Neste momento o ciclo da auga está repartido entre servizos municipais e as empresas privadas que se fan cargo das estacións depuradoras. Para o BNG “o goberno municipal debe avanzar cara unha remunicipalización completa dos servizos dos que depende o ciclo da auga”.

Abraira explicou que na xuntanza da comisión de xestión do ciclo da auga celebrada hoxe as forzas políticas debían posicionarse sobre o modelo de xestión que debe ter o concello de Lugo. Para os nacionalistas “está claro que o concello debe ter na súa man o control sobre as decisións que se tomen en relación ao abastecemento e tratamento da auga”. O concello de Lugo debe apostar por un sistema de xestión directo ou ben ir cara a privatización total dos servizos.

A voceira nacionalista criticou a actitude do PP na comsión xa que “aínda que non se atreveron a votar contra un modelo de xestión directa está claro que o seu modelo é a privatización do ciclo da auga”. Abraira dixo que “o partido popular sempre atopa excusas para non defender un modelo público” e engadiu que “a pesares de carecer de datos suficientes no estudio presentado hoxe polo goberno municipal quedou claro que a xestión privada sae moito máis cara que calquer modelo de xestión pública”. Abraira engadiu que “o goberno municipal non debe prolongar no tempo modelos de xestión que non supoñan a implantación dun 100% de xestión pública”.

As leis privatizadoras

Abraira lembrou cales son as políticas do PP na Xunta de Galiza e no goberno do Estado xa que “todas as leis e normas que aprobaron van dirixidas á privatización dos servizos públicos”. Abraira afirmou que “os concellos teñen que ser unha ferramenta para defender ás persoas contra as maniobras que somentes buscan o lucro das grandes empresas”. “O concello debe tomar todas as medidas necesarias para opoñerse a leis e normas inxustas feitas para favorecer a empresas que se lucran de necesidades básicas e fundamentais das persoas como é o subministro da auga” dixo Abraira en relación á reforma da Lei que regula o funcionamento da Administración Local e que, neste momento, prohibe o incremento da plantilla dos concellos. Esta lei do PP impide que se poidan acometer, agora, unha remunicipalización total do ciclo da auga.

O BNG APOIOU A PROPOSTA PARA QUE O CONCELLO FAGA UNHA XESTIÓN DIRECTA DO CICLO DA AUGA