O BNG PIDE QUE SE ADAPTEN OS HORARIOS DAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Cristina Ferreiro dixo que que se analice cal é o horario máis axeitado para que nenos e nenas de curta idade poidan asistir ás actividades
Lugo, 16 de decembro 2014.O BNG presentou un rogo para ao goberno municipal para que se analice cal é o horario máis axeitado para que nenos e nenas de curta idade poidan asistir ás actividades de contacontos e que se adiante, na medida do posible, o horario das actividades. A edil Cristina Ferreiro explicou que o concello de Lugo promove diversas actividades na biblioteca municipal situada no parque da Milagrosa e, entre elas existe ciclo de contacontos dirixido a nenos e nenas de curta idade pero que se realiza nuns horarios pouco axeitado para eles xa que o horario habitual para esta actividade comenza ás 19:00 horas independentemente da época do ano.
Ferreiro afirmou que foron varias as persoas que contactaron co BNG transladando o inadecuado deste horario para que poidan asistir nenos e nenas de menos de 8 anos que é para quen está dirixida, principalmente, esta actividade. A edil nacionalista engadiu que en moitos casos os nenos e nenas non asisten a esta actividade por que é demasiado tardía, sobre todo na época invernal, e noutros casos algúns nenos e nenas vense obrigadas a marchar da actividade na metade da actuación.