RUBÉN ARROXO ACUSA A CASTIÑEIRA DE “TRAIDOR” E PRESENTASE UNHA CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL

RUBÉN ARROXO ACUSA A CASTIÑEIRA DE “TRAIDOR” E PRESENTASE UNHA CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL

IMG_6873 O candidato do BNG acusou a Jaime Castiñeira de “ser un traidor con Lugo” despois de que onte o PP desvirtuara a ILP sobre os servizos do HULA 

Arroxo exemplificou as políticas do PP de apoio ás grandes áreas comerciais co caso da autorización a Carrefour para instalar un gasolineira a escasos metros do río Miño en Lugo. 

Lugo, 17 de decembro 2014. O BNG presentou hoxe, no mercado municipal de Quiroga Ballestero, unha campaña de apoio ao comercio local e ao consumo de produtos galegos. “Trátase de animar a consumir produtos galegos e a facelo no comercio de proximidade, un sector básico da nosa economía” dixo Rubén Arroxo. O candidato do BNG-Asambleas Abertas sinalou que “apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza, de humanizar as cidades e impedir a desertización das nosas vilas”. Arroxo dixo que “está ao noso alcance modificar os hábitos, potenciar a nosa economía mercando produtos galegos nos comercios máis próximos a nos”. “Temos un comercio de primeira, que ten un importante papel como dinamizador dos centros das nosas vilas e cidades, que é sustentábel e significa unha aposta de futuro pola calidade, a innovación e a especialización” afirmou Rubén Arroxo.

Arroxo reivindicou “a artesanía, a música, os libros, a cultura, unha importante cantidade de produtos que creamos directamente” e engadiu que “non nos poden impoñer un modelo de de consumo e xeito de vivir que nos empobrece e mesmo atenta contra a nosa saúde”. Den

IMG_6894

de o BNG defendeuse “a necesidade de prestixiar os nosos produtos primarios e unha aposta porque os poderes públicos faciliten a súa comercialización en circuítos curtos para garantir o máximo beneficio ás

persoas produtoras e que a actividade agrícola, a súa transformación e comercialización sexa un elemento de creación de emprego e de dinamización económica”.

O candidato nacionalista lembrou que “as políticas económicas e fiscais regresivas do PP provocaron unha grave crise na demanda, ao que hai que acrecentar as medidas de liberalización comercial que se aproban en Madrid e que o Goberno de Feijóo asume e aplica”. Esta situación, segundo Rubén Arroxo “levou a un grave desequilibrio no sector comercial, con saturación na oferta pola acelerada expansión de grandes superficies, que ameazan a supervivencia do comercio local”. Arroxo exemplificou este tipo de políticas co caso da autorización a Carrefour para instalar un gasolineira a escasos metros do río Miño en Lugo.

Criticas á obriga de etiquetaxe dos produtos primarios

Dende o BNG tamén foron críticos co Decreto, polo que se regula a venda directa dos produtos primarios, non impulsa feiras e mercados, non garante a produción nin fomenta a dedicación de persoas a este tipo de actividade. A imposición, por parte do PP, destas condicións so sirve para benefeciar as grandes áreas comerciais e tentar acabar coas ventas dos produtores locais nos mercados de vilas e cidades.

Acusacións ao portavoz do PP

Rubén arroxo acusou a acusou a Jaime Castiñeira de “ser un traidor con Lugo” despois de que onte o PP desvirtuara a ILP sobre os servizos do HULA utilizando a maioría absoluta no Parlamento Galego. Arroxo explicou que a ILP  só tiña un artigo:“Engadir un novo artigo á Lei de  Saúde de Galiza para que todas as provincias galegas dispoñan dun servizo de hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear, garantindo así estas prestacións  en igualdade de condicións para toda a cidadanía residente en Galicia” pero, unha vez máis, Jaime Castiñeira e o Partido popular “traizoan a Lugo e ignoran a demanda de 42.000 persoas”.

RUBÉN ARROXO ACUSA A CASTIÑEIRA DE “TRAIDOR” E PRESENTASE UNHA CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL