“O PP TERÁ QUE EXPLICAR EN LUGO O QUE FIXERON COA ILP” DIXO CRISTINA FERREIRO

“O PP TERÁ QUE EXPLICAR EN LUGO O QUE FIXERON COA ILP” DIXO CRISTINA FERREIRO

O BNG rexistrou unha moción para ser tratada no vindeiro pleno do concello de Lugo na que se insta ao Parlamento Galego a incluir na normativa sanitaria o texto íntegro da ILP

Cristina Ferreiro dixo que “a vontade popular foi traizoada polo PP na institución da que nos dotamos os galegos e galegas como cámara de representación democrática”

Lugo, 18 de decembro 2014. O BNG rexistrou unha moción, para ser tratada no vindeiro pleno da corporación municipal, na que se insta ao Parlamento Galego a incluir na normativa sanitaria o texto íntegro da ILP relativa aos servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear. Cristina Ferreiro lembrou que “foi o Partifo Popular, en solitario, o responsábel de deixar baleiro de contido o texto da ILP asinado por máis de 42.000 persoas”. Ferreiro dixo que “a vontade popular foi traizoada polo PP na institución da que nos dotamos os galegos e galegas como cámara de representación democrática”. O BNG introduciu como punto de acordo para esta moción o texto literal da ILP rexeitado polo PP.

A edil nacionalista lembrou que o pasado 16 de decembro o partido popular impuxo, a través da súa maioría absoluta, no Parlamento Galego o texto que modificaba absolutamente o contido da ILP respaldada por máis de 42.000 lucenses”. Cristina Ferreiro sinalou que “foi un esforzo colectivo levar adiante esta iniciativa lexislativa popular, a máis respaldada da historia de Galiza, para que todas as provincias galegas dispoñan dun servizo de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear, garantindo a prestación destas especialidades en igualdade de condicións para toda a cidadanía residente en Galicia”.

Cristina Ferreiro explico que despois da aceptación a trámite de ILP o partido popular presentou un total de seis emendas ao texto orixinal que supoñen, na práctica, que os servizos de Radioterpaia e Medicina Nuclear non entrarán en funcionamento no HULA, como mínimo, ata finais do ano 2016. “Tampouco queda garantido que a sala de Hemodinámica do HULA  amplie o seu horario de funcionamento que na actualidade é de luns a venres de oito da mañá a tres da tarde” segundo a edil do BNG.

“Coas emendas introducidas polo partido popular non se garante que a implantación dos servizos solicitados no texto da ILP sexan prestadas a través do sistema público de sanidade” asegurou Cristina Ferreiro e sinalou que “queda as portas abertas á privatización xa que no texto establécese que o SERGAS poderá adoptar as medidas necesarias e os recursos necesarios para garatir que a poboación galega acceda aos procesos de Hemodinámica, Radioterpaia e Medicina Nuclear en condicións de calidade, efectividade e equidade sen definir que sexa o sistema público quen proporcione estas prestacións ”.

“O PP TERÁ QUE EXPLICAR EN LUGO O QUE FIXERON COA ILP” DIXO CRISTINA FERREIRO