O BNG-Asambleas Abertas aposta por un San Froilán no que se poña en valor aos grupos de Lugo

O BNG-Asambleas Abertas aposta por un San Froilán no que se poña en valor aos grupos de Lugo

Para Maite Ferreiro “Os grupos lucenses, que o desexen, teñen que ter o máximo protagonismo posible nas súas festas”

maite

Lugo, 5 de agosto, 2015. O BNG - Asembleas Abertas pedirá na Comisión Municipal de Festas deste xoves que se teñan en conta aos grupos de Lugo tanto no contido do programa, como na súa participación para elaboralo. En palabras de Maite Ferreiro “Lugo dispón dun importante número de colectivos musicais, teatrais e doutras disciplinas artísticas, e ten que ser nas súas festas onde poidan ter unha maior presenza pública”. A concelleira nacionalista dixo tamén que “os grupos musicais do noso concello non se poñen en valor se se deixan nun palco exclusivo para eles, senón que teñen que ter cabida xunto aos outros concertos”. Lembrando tamén como na época na que o BNG levaba a organización do San Froilán introduciuse aos grupos locais xunto aos grupos profesionais.

Dende o BNG – Asembleas Abertas tamén valoraban positivamente a convocatoria desta comisión, na que Maite Ferreiro lembraba “que foi o BNG-AA quen hai 2 semanas solicitaba a convocatoria desta”, na que reclamaba tamén que sexa escoitada a opinión dos colectivos culturais de Lugo “Os grupos lucenses, que o desexen, teñen que ter o máximo protagonismo posible nas súas festas” apuntou a concelleira nacionalista

Maite Ferreiro incidiu en buscar fórmulas para lograr un San Froilán o máis participativo posíbel, no que as veciñas e veciños de Lugo se sintan parte “buscando unha ampla e diversa animación nas rúas en colaboración co importante tecido asociativo do noso concello”. Tamén resaltou, a concelleira e representante do BNG-AA en dita comisión, que hai que apostar por darlle un impulso ao día do traxe tradicional “introducindo elementos que poidan atraer a que sexa vestido por máis xente nova”.

O BNG-Asambleas Abertas aposta por un San Froilán no que se poña en valor aos grupos de Lugo