O BNG Asambleas Abertas reclama actuacións de mellora en Nadela
Rubén Arroxo explicou que compre acometer o desbroce e limpeza da carballeira ademais de renovar os contedores a arranxar os accesos ao colexo
Lugo, 11 de setembro de 2015. O grupo municipal do BNG Asembleas Abertas presentou unha inciativa, dirixida á comisión de medio rural, para que se acomentan unha serie de actuacións na parroquia de Nadela. Rubén Arroxo explicou que foron veciños e veciñas da zona quen contactou co BNG para trasladar esta iniciativa ao goberno municipal.
Rubén Arroxo explicou que na parroquia de Nadela existen diversas deficiencias que afectan á vida diaria de veciños e da comunidade escolar que acude ao centro educativo alí situado e sinalou o mal estado de determinadas vías de acceso ao colexo de Nadela.
Unha das actuacións máis importantes que se reivindican é o desbroce e limpeza da carballeira de Nadela que se atopa nun estado de total abandono. Outra das demandas veciñais é a renovación dos contedores do lixo que se atopan rotos e sen tapadeiras resulta inexplicable o estado dalgúns dos contedores de recollida do lixo e o abandono no que se atopa a carballeira.