O BNG Asembleas Abertas pide un maior coidado dos contenedores da zona rural
Rubén Arroxo lembrou que a empresa que ese encarga da recollida do lixo cobra máis de 6 millóns ao ano por este servizo
O goberno municipal ten que controlar se a empresa adxudicataria cumpre coas obrigas que ten no contrato
Lugo, 2 de marzo de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamoulle ao goberno municipal que realice un maior control do traballo executado pola empresa adxudicataria do servizo de limpeza e recollida do lixo. Arroxo denunciou que estado de conservación dos contedores da zona rural e dixo que a xente que vive no rural merece o mesmo trato que quen vive na cidade e a imaxe do noso rural tamén forma parte do coidado medioambiental que debe promover o concello.
Arroxo incidiu na necesidade que, dende o concello, se controle o traballo da empresa adxudicataria e se esixa o cumprimento do prego do condicións. O voceiro do BNG Asembleas Abertas lembrou que a empresa URBASER cobra do concello máis de 6 millóns de euros por este servizo e non pode ser que os contedores se atopen nun total estado de abandono como comprabamos nalgunha parroquia da zona rural.
O estado dos contenedores vai acorde co estado dalgunhas das pistas que atopamos nas nosas parroquias dixo Rubén Arroxo e engadiu que vivir no rural non pode significar ter peores servizos e dende todas as administracións, tamén dende o concello, temos que dar todas as facilidades ás persoas que apostan por facer vida nas parroquias.