Maite Ferreiro pediu a activación da comisión de festas do San Froilán neste primeiro trimestre

Maite Ferreiro pediu a activación da comisión de festas do San Froilán neste primeiro trimestre

IMG_2011aA edil do BNG – Asembleas Abertas lembrou que así se falou nas xuntanzas da comisión de festas do ano pasado e “a edil de cultura debe cumprir con este compromiso”

“É importante que as festas empecen a organizarse con tempo e que haxa posibilidade para facer propostas e analizalas debidamente” dixo Ferreiro

Lugo, 3 de marzo de 2016. Maite Ferreiro pediu que se convoque, dentro deste primeiro trimestre, a primeira xuntanza da comisión de festas San Froilán – 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas lembrou que así se falou nas xuntanzas da comisión de festas do ano pasado e “a edil de cultura debe cumprir con este compromiso”. Ferreiro explicou que “o ano pasado todos os grupos coincidimos na necesidade de tratar e analizar con tempo as propostas para facer do San Froilán unhas festas participativas e atractivas”.

Ferreiro lembrou que “o ano pasado a comisión de festas foi un órgano estéril xa que somentes serviu para dar conta de decisións xa tomadas e os grupos da corporación apenas tivemos tempo para presentar propostas”. Para o BNG – Asembleas Abertas “é importante que a comisión de festas sexa activa e sirva para debater todas as cuestións que rodean ás festas grandes de Lugo”. Ferreiro lembrou que en anos anteriores, cando o BNG tivo responsabilidades de goberno, sempre se tiveron en conta as suxestións de todos os grupos.

A edil do BNG – Asembleas Abertas dixo que “é importante que se abran canles de participación para que os lucenses sintan estas festas como propias e se sintan participes da súa organización”. Tanto a elección das principais actuacións como o propio modelo das festas debe abrirse ao debate para “actualizalas, promocionalas e facer que o San Froilán siga a ser a gran festa do outono galego” dixo Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro pediu a activación da comisión de festas do San Froilán neste primeiro trimestre