O BNG Asembleas Abertas pide que se poña en marcha o Corre con Nós
Arroxo afirmou que o circuíto de carreiras populares comenzaba a funcionar no mes de novembro e neste ano nada se sabe
Os nacionalistas presentaron unha pregunta para recibir resposta na comisión correspondente do pleno
Lugo, 13 de novembro de 2015. O BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo pide que se poña en marcha o circuíto de carreiras populares Corre Con Nós. O voceiro nacionalista sinalou que descoñecemos cales son as intencións do goberno municipal tras a marcha de Grandio e sen que a nova persoa responsable tomase posesión. Arroxo dixo que xa foron varias as persoas que se dirixiron ao BNG Asembleas Abertas amosando a súa preocupación pola continuidade destes eventos deportivos de cara a esta tempada.
Arroxo recoñeceu que o circuíto de carreiras populares Corre Con Nós foi un auténtico éxito a nivel deportivo no noso concello dende o seu inicio no ano 2000 e apuntou que comezou cunha ducia de participantes e agora supéranse con creces o milleiro, impulsando dunha forma normalizada, a actividade física en Lugo e achegando a unha multitude de nenas e nenos ao deporte.
Dende o BNG Asembleas Abertas sinalouse que, de forma habitual, este circuíto comezaba no mes de novembro, mais a día de hoxe aínda non existe información, algo que inquieta a participantes. Entendemos que o circuíto continuará, mais o goberno municipal debería facilitar información dalgún tipo a todas as persoas que habitualmente participan no mesmo concluíu Rubén Arroxo.