Lugo precisa dunha pista polideportiva que complemente as existentes
O BNG presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta para que se inclúa unha partida para a construción dun pavillón para a práctica do deporte de base
Rubén Arroxo explicou que as actuais instalacións non son suficientes para dar cabida a toda a actividade deportiva que hai na cidade
Lugo, 14 de novembro de 2015. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, anunciou onte que incluirán unha emenda aos orzamentos da Xunta para que se traslade unha partida suficiente para a construción dunha pista polideportiva cuberta na cidade de Lugo. Esta instalación polideportiva estaría fundamentalmente adaptada para a práctica do baloncesto de base e outros deportes de similares características. Pombo, que estivo acompañado polos ediles do BNG Asembleas Abertas Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, visitou o entorno das Pedreiras onde xa existen outras infraestruturas deportivas similares.
Pola súa banda o voceiro nacionalista no concello de Lugo, Rubén Arroxo explicou que as actuais instalacións non son suficientes para dar cabida a toda a actividade deportiva que hai na cidade e dixo que agardamos os representantes do PP no concello de Lugo, que son coñecedores e conscentes desta necesidade, apoien esta proposta que é necesaria para os centos de nenos e nenas que practican deporte de base nesta cidade.
Os nacionalistas sinalaron que existen diversas fórmulas para acometer a construción desta instalación deportiva pero é necesario un investimento por parte do goberno galego e sinalaron que tamén se deberán implicar outras administracións para cuestións como a cesión de terreos e a axilización dos trámites urbanísticos necesarios. Pombo resaltou o respaldo que a Deputación de Lugo, dende a súa área de Deportes, ven dando aos equipos de base nos últimos anos e esto significou un importantes aumento da demanda de instalacións en moitos concellos da provincia e tamén na cidade de Lugo.