O goberno municipal empéñase en desprezar aos grupos da oposición dixo Rubén Arroxo
Arroxo afirmou que a falta de dialogo para a aprobación das ordenanzas fiscais é un exemplo máis
Os nacionalistas presentaron unha queixa formal, ante o goberno municipal, polo intento de vetar a presenza dos grupos da oposición en actos do concello
Lugo, 12 de novembro de 2015. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo criticou unha vez máis a actitude do goberno municipal que se empeña en desprezar aos grupos da oposición. Rubén Arroxo sinalou que a Xunta de Goberno aprobou unha proposta de ordenanzas fiscais sen manter ningún contacto cos grupos da oposición, ou polo menos co BNG Asembleas Abertas e engadiu que o goberno debería darse conta da diversidade e cantidade de grupos que existe nesta corporación, mais parece que aínda non se deron conta.
Rubén Arroxo explicou que unha vez máis o goberno municipal vai con retraso para presentar aos grupos da oposición un documento chave para a gobernabilidade do municipio, e aínda así, despois de telo aprobado en Xunta de Goberno se permiten non envialo aos grupos da oposción. Arroxo lembrou que a aprobación dos orzmentos depende, en certa medida, da aprobación das ordenanzas fiscais e estamos a mediados de novembro.
Arroxo dixo que agardamos que o goberno contemplara nas ordenanzas as diferentes propostas que se lle foron enviando dende os diferentes grupos municipais para poder chegar aos acordos necesarios que leven á aprobación deste documento, un primeiro paso necesario para que Lugo conte cuns orzamentos aprobados en tempo e forma para o ano vindeiro.
Veto á presenza da oposición
Os nacionalistas presentaron unha queixa formal, ante o goberno municipal, polo intento de vetar a presenza dos grupos da oposición en actos do concello. Arroxo dixo que se trata dunha falta de consideración cara os grupos municipais que representamos dado que reiteradamente se ven excluindo a nosa presenza de actos significativos para este concello no que a totalidade e diversidade da corporación debería estar representada. Arroxo citou, como exemplo, unha listaxe de actos aos que non foron convidados representantes dos grupos da oposición:
7/9/2015 Recepción a moz@s participantes no programa de emprego Lucus Mundi.
8/9/2015 Presentación da imaxe de Lugo no cupón da ONCE
19/9/2015 Recepeción xogadoras do equipo do Milgrosa SDC
29/9/2015 Acto da Real Academia Galega celebrado no concello de Lugo
8/10/2015 Entrega de premios do concurso de tapas
27/10/2015 Recepción escolares dun centro lucense.
3/11/2015 Entrega premios de debuxo concurso celebrado durante o S. Froilán
4/11/2015 Inauguración da exposición de 47 artistas no MIHL
12/11/2015 - Recepción escolares dun centro lucense.
12/11/2015 Presentación concurso de Tapas.