O BNG - Asembleas Abertas pide recuperar o proxecto do parque infantil cuberto na Milagrosa
Cremos na cidade das persoas, e por iso queremos que as nenas e nenos poidan xogar na rúa aínda que chova apuntou Maite Ferreiro
Lugo, 21 de xaneiro de 2016. A concelleira do BNG - Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, solicita que se retome o proxecto de facer un parque infantil cuberto no barrio da Milagrosa, na praza do Agro do Rolo. A edil quixo lembrar que hai 5 anos o goberno municipal anunciara que se ía executar con fondos do Ministerio de Fomento, mais a realidade é que a día hoxe segue sen executarse. O barrio da Milagrosa é un dos máis poboados de Lugo, polo que un espazo deste tipo permitiría ás nenas e nenos da zona norte da cidade poder saír das súas casas nos meses de inverno Cremos na cidade das persoas, e por iso queremos que as nenas e nenos poidan xogar na rúa aínda que chova apuntou Maite Ferreiro.
Dende o BNG-Asembleas Abertas quixeron lembrar que o único parque destas características é o existente no recinto feiral e executouse cando a concelleira nacionalista Paz Abraira levaba a área de infraestruturas no concello, unhas instalacións que teñen un grande éxito malia estar afastadas da zona urbana é unha infraestrutura que funciona e demandada pola sociedade lucense, polo que é importante non esquecela
A concelleira nacionalista fixo fincapé en que se debe de avanzar na humanización da cidade nós apostamos por máis rúas peonís e por espazos onde a xente poida estar coma se fora unha parte máis da súa vivenda, e onde as nenas e nenos poidan volver xogar nas rúas. Neste orde de cousas dende a formación nacionalista volveron cuestionar a situación na que se atopa a rúa Menorca A rúa Menorca é unha rúa peonil, un espazo que debera de ser libre de coches para as veciñas e veciños da Milagrosa, malia todo ese espazo é usado como un aparcadoiro sen que se tomen medidas disuasorias afirmou Ferreiro.