O BNG Asembleas Abertas pide, unha vez máis, o arranxo do acceso á escola infantil Gregorio Fdez.
Rubén Arroxo informou que existen queixas de persoas usuarias e lembrou que en xuño de 2014 o BNG xa reclamara este mesmo arranxo
Lugo, 15 de marzo de 2016. O BNG Asembleas Abertas sumase ás peticións das persoas usuarias da Escola Infantil Gregorio Sanz para que se acometa, de xeito definitivo, o arranxo do acceso a estre centro educativo. Rubén Arroxo informou que existen queixas de persoas usuarias que serán tratadas na comsión de queixas e suxestións por este motivo e lembrou que en xuño de 2014 o BNG xa reclamara este mesmo arranxo (http://bng.gal/lugocentro/2014/06/06/o-bng-demandara-que-se-mantena-algun-comedor-escolar-aberto-durante-o-veran/).
Arroxo sinalou que son apenas seis metros a distancia entre a beirarrúa e o recinto da escola infantil o que precisa dun arranxo e sinalou que este tipo de obras menores e de baixo custe son as que facilitan a vida das persoas, aínda que parece que ao goberno municipal non lle importa. O voceiro do BNG AA sinalou que o estado do camiño de acceso non é desastroso pero hai que ter en conta que a este centro acoden nenas e nenos de moi curta idade e moitos deles vai en carriños que teñen un difícil tránsito polas condicións nas que se atopa a entrada.
Para os ediles do BNG AA non é normal que tratándose dunha instalación de titularidade municipal e tendo que actuar nun camiño de apenas 6 metros de lonxitude non se fagan as intervencións necesarias para adecuar a superficie de tránsito ás características e necesidades das persoas usuarias. Arroxo sinalou que é a segunda vez en menos de dous anos que temos que denunciar as mesmas deficiencias, sumándonos a veciñas e veciños que tamén reclaman por escrito esta actuación.