Conformouse o novo Consello Local do BNG de Lugo

Conformouse o novo Consello Local do BNG de Lugo

consellolocalEncabezado por Luis Blanco Ribadulla, o que será a dirección do BNG na localidade de Lugo conta cun total de 11 persoas que combinan experiencia e renovación

Un dos obxectivos será incrementar o traballo nos barrios da cidade e facer unha especial atención ás parroquias

Lugo, 15 de marzo de 2016. O BNG celebrou unha asemblea local na que se aprobou a única candidatura presentada para a renovación dos órganos de dirección comarcais. O novo consello local está formado por un total de 11 persoas e, á candidatura, sumarase 1 representante de Galiza Nova. O consello local é o órgano de dirección do BNG no concello de Lugo. “Afrontamos este novo reto con ilusión e co ánimo de consolidar o proxecto do BNG a nivel local” explicou o novo responsábel comarcal Luis Blanco. O consello loal está formado por 5 mulleres e 6 homes. Deste consello forma parte Alexandre Penas, que foi responsábel local ata este momento.

O novo responsábel local, Luis Blanco Ribadulla afirmou que “son tempos difíciles mais o proceso de renovación no que está inmerso o BNG abre unha etapa ilusiónante para o futuro” e engadiu que “hoxe mesmo comezaremos a traballar para o BNG sexa o referente que moita xente está buscando nestes momentos de confusión”. O consello local, que foi elixido na asemblea do BNG emana “dunha candidatura aglutinadora que conxuga xuventude e experiencia” e terá como principal obxectivo “consolidar ao BNG como o referente das persoas que demandan unha mudanza política para ter un futuro de benestar no noso país”. “O BNG ten militancia, organización, e un rumbo claro, por iso estamos certos de que este proxecto político que estamos a construír ten futuro neste país” afirmou o novo responsábel local do BNG.

 

Consello Local do BNG Lugo

  1. Luis Alberte Blanco Ribadulla
  2. Tareixa Ferreiro Tallón
  3. Ricardo Otero López
  4. Rexina Álvarez Prada
  5. Vitor Otero Vázquez
  6. Mª Carme Salvadores Cobas
  7. Rubén Arroxo Fernández
  8. Iria Buide Pena
  9. Lois Neto López
  10. Paz Abraira Sobrado
  11. Alexandre Penas Roibás

SUPLENTES:

Andrea Galego Valdeigrexia

Fiz López Rodríguez

Carme Aira Díaz

Conformouse o novo Consello Local do BNG de Lugo