O BNG Asembleas Abertas reclama o arranxo das infraestruturas de madeira no paseo do Miño e Rato
Rubén Arroxo dixo que co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron
Ademais os nacionalistas tamén reclamaron que se realice o habitual mantemento do entorno destas sendas
Lugo, 25 de abril 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arrox, denunciou o mal estado de moitas das estruturas de madeira situadas no paseo do Miño e do río Rato. Arroxo dixo que ademais de facer o mantemento necesario nos camiños e no seu entorno hai que acometer o arranxo das estruturas de madeira. Rubén Arroxo sianlou que, nalgúns casos, haberá que substituír algunhas destas infraestruturas xa que, ou ben desapareceron ou, o seu estado non permite o arranxo.
Rubén Arroxo dixo que co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron. Hai pontes que despareceron coas cheas do río e que deixaron camiños incomunicados, noutros casos trátase de arranxos máis simples informou o edil nacionalista. Para o BNG Asembleas Abertas o mantemento e coidado dos camiños e do seu entorno é fundamental para que poidan se usados e disfrutados polas persoas que a eles se achegan.