O BNG CELEBROU UN ACTO EN LUGO O DÍA INTERNACIONAL POLOS DEREITOS DAS PERSOAS LGBTI
Deuse lectura a un manifesto pendindo o compromiso das institución e da sociedade contra a discriminación das persoas LGTBI
Lugo, 27 de xuño 2014. O BNG e a organización Galiza Nova celebraron en Lugo un acto público para conmemorar o Día Internacional polos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexusias e intersexuais. No acto participou, tamén, o colectivo ALAS (Asociación pola liberdade afectiva e sexual de Lugo). Durante o acto deuse lectura a un manifesto contra a discriminación das persoas LGTBI e no que se reivindicou a superación dos preconceptos e das categorías, a soberanía dos corpos e unha sexualidade libre, segura e gozosa. Este tipo de actos desenvolveranse, promovidos polo BNG e Galiza Nova, en diversas localidades e cidades galegas.
Durante o acto, que tivo lugar baixo da escultura dos fundadores de Lucus Augusti, léronse poemas de E. Blanco Amor, P. Cabido, Y. Castaño, M. Dacosta, M. Campo, G. Hermo, M. Leobalde, A. Nunes Brions, A. Romaní, F. Salinas e L. Villalta. De xeito simbólico colocouse a bandeira que reivindica o movemento LGTBI e pediuse o compromiso das institución e da sociedade contra a discriminación das persoas LGTBI.