O BNG LEVARÁ AO PLENO DO LUNS A MOCIÓN PROPOSTA POLO COMITÉ DE FOLGA DE URBASER
A voceira nacionalista sinalou que pola vía da presión da empresa e coa pasividade do goberno municipal non se vai solucionar o conflicto que os veciños seguiran sufrindo
Abraira afirmou que "PP e PSOE están do lado da empresa e non lles preocupa a sorte dos 11 despedidos como dos 60 expedientados non vai con eles"
Lugo, 26 de xuño 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, trasladoulles aos traballadores e traballadoras e Urbaser información sobre as preguntas presentadas polos nacionalistas ao goberno municipal no referente a situación deste conflicto que xa superou os 15 días. O BNG levará ao pleno do luns a moción que foi trasladada, a todos os grupos políticos, dende o comité de folga. Neste momento 11 traballadores foron despedidos e a empresa abriu máis de medio cento de expedientes. A voceira nacionalista foi a única representante da corporación municipal que saiu ao exterior do concello para reunirse cos traballadores e traballadoras de Urbaser.
En relación á folga do lixo que están a manter os traballadores e traballadoras da empresa Urbaser, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, dixo ao remate da xunta de voceiros celebrada hoxe "é resultou moi clarificadora en canto á postura de PP e PSOE sobre esta folga". Abraira dixo que a única preocupación que manifesta o alcalde é a de "blindar a casa consistorial para que non lle protesten dentro" mentres que para o partido popular a única preocupación pasa por saber cales son os puntos da cidade nos que se declara a alerta sanitaria.
Abraira afirmou que "PP e PSOE están do lado da empresa e non lles preocupa a sorte dos 11 despedidos como dos 60 expedientados non vai con eles". A voceira do BNG lembrou que "Urbaser está utilizando todos os mecanismos que ten ao seu alcance para doblegar a plantilla" e que "as normas que utiliza Urbaser foron, por certo, aprobadas no estado tanto polo PP como polo PSOE". Abraira informou aos traballadores e traballadoras que o dende o goberno municipal admitiuse que a casa consistorial vai estar blindada aínda que queden desatendidos os problemas dos veciños.
Abraira informou tamén que se superou a cantidade de pagos establecida para TRAGSA. Neste momento os pagos a esta empresa están moi por riba dos 50.000 euros que o concello establecera para tal fin. A voceira do BNG sinalou que pola vía da presión da empresa e coa pasividade do goberno municipal non se vai solucionar o conflicto que os veciños seguiran sufrindo