O BNG INSISTIRÁ EN QUE O CONCELLO DE LUGO ACOMETA A ELIMINACIÓN DOS NOMES FRANQUISTAS DAS RÚAS
A voceira nacionalista lamentou a actitude do PSOE que se plegou aos intereses do PP para conseguir a aprobación dos remanentes
Foi o BNG quen impulsou, sempre, os cambios dos nomes franquistas das rúas no concello de Lugo
Lugo, 25 de xuño 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou hoxe que a formación nacionalista insistirá en que o concello de Lugo acometa a eliminación dos nomes franquistas das rúas da cidade. Abraira lembrou que o BNG leva moitos anos reclamando que os nomes franquistas das rúas desaparezan do rueiro. A voceira nacionalista lamentou a actitude do PSOE que se plegou aos intereses do PP e retirou da sesión plenaria do 30 de xuño a proposta que contemplaba o cambio dos nomes franquistas das rúas que aínda os manteñen en Lugo.
Foi o BNG quen impulsou, sempre, estes cambios no concello de Lugo. O primeiro cambio de nomes franquistas na rúas de Lugo acometeuse no mandato do 1999 e iniciouse, de novo, no actual mandato pola vontade do BNG mentres estivo no goberno municipal. Abraira dixo que compre que os nomes franquistas desaparezan do rueiro da cidade para que en Lugo prevaleza, con claridade, a democracia.
Paza Abraira relacionou a retirada da proposta de modificación dos nomes das rúas co acordo recen pactado entre populares e socialistas é lastimoso ver como Orozco se plega ao PP para sacar adiante un acordo para gastar os remanentes, tomando unha decisión que nin tan siquera é compartida pola totalidade dos seus concelleiros e concelleiras.