O BNG ACUSOU AO GOBERNO MUNICIPAL DE SITUARSE DO LADO DA EMPRESA URBASER
Para o BNG a reponsabilidade directa é da empresa Urbaser que e ten a obriga de cumprir co contrato que pagamos todas e cada un dos lucenses
O bipartidismo púxose dacordo, no que lles interesa, para gastar 9,5 millóns de euros en obras e, PP e PSOE, deixan de lado a atención ás persoas, co paripé de non aparecer collidos da man
Lugo, 24 de xuño 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo acusou ao goberno municipal dunha xestión nefasta no tema da folga dos traballadores de Urbaser. Abraira destacou a magnifica complicidade do PP que por un lado sae cuestionando ao alcalde pero os camións que veñen a retirar o lixo, veñen tamén de concellos gobernados polo PP. Paz Abraira referiuse, tamén ao acordo tomado entre PP e PSOE para destinar os remanentes dos orzamentos municipais. Abraira acusou a PP e PSOE de poñerse de acordo de costas aos lucenses para repartirse as obras de cara a presentárllelas aos veciños antes das eleccións municipais.
No día en que se cumpren 15 xornadas da folga de limpeza a edil do BNG criticou o papel do goberno municipal que calificou de aboslutamente cuestionable. Paz Abraira lembrou como o alcalde estivo ausente da cidade nos momentos máis conflictivos en numerosas ocasións durante a folga e asegurou que as medidas que se foron adoptando foron lentas e tardías e sen ter en conta as consecuencias que esa ausencia de medidas causaron na cidade de Lugo. Abraira acusou ao goberno muncipal de situarse ao lado da empresa de maneira clara esquencendo, dixo, que o dereito á folga é un dereito básico que nos asiste nun estado democrático.
Abraira afirmou que o goberno municipal era coñecedor, desde un primeiro momento, da convocatoria de folga e do conflicto existente pero non tomaron ningún tipo de medidas para facerlle fronte á situación. Para o BNG a reponsabilidade directa é da empresa Urbaser que é a concesionaria do servizo de limpeza e ten a obriga de cumprir co contrato que pagamos todas e cada un dos lucenses. A voceira nacionalista criticou a actitude da empresa por se negar a negociar dende o primeiro momento e sinalou que hai que lembrar que o comité de folga retrasou o comenzo da folga un día para favorecer a negociación. Unha negociación que non se deu por que a empresa negouse e contestou co despido de 12 traballadores. Así mesmo, lembrou tamén que a empresa negouse a aceptar a proposta da plantilla de retirar os residuos onde se decretara alerta sanitaria.
A voceira do BNG no concello de Lugo criticou tamén que o goberno municipal se negara a recibir aos representantes sindicais e blindou o concello como nunca se viu dixo. Paz Abraira aseguoru que asistimos a feitos absolutamente criticables xa que a policía local estaba apostados diante da casa do concello mentres veciños e veciñas demandaban a presenza das patrullas para resolver problemas na cidade. Tanto medo ten o goberno municipal que mantivo a 10 policias diante da porta da concello dixo. Paz Abraira e insistiu en que o alcalde que se di socialista vetaba a entrada á casa do concello de cidadáns e representantes sindicais. O BNG solicitou unha convocatoria urxente da xunta de voceiros e non tivo resposta por parte do alcalde pero tal e como afirmou Paz Abraira o BNG vai levar este asunto á xunta de voceiros e haberá debate queira ou non o alcalde.
Para o BNG compre que Orozco exerza como alcalde e lle esixa á empresa Urbaser a retirada dos residuos. É necesario sair dun conflicto que el mesmo provocou cun servizos de servizos mínimos que, aínda que non foi anulado polos xulgados tampouco foi validada por ningún xuíz nin xuiza, absolutamente abusivo. Abraira afirmou que o decreto tiña como único obxectivo encumbrar a Orozco en pleno Arde Lucus por que a merda xa lle chega ata as orellas e ese decreto derivou na situación que temos agora mesmo.
Remanentes para obras
O alcalde está relaxado por que xa ten o acordo con PP para aprobar os remanentes. Onte antes das comisións de pleno PP e PSOE xa tomaron os acordos que tiñas que tomar e, tamén, fixeron o paripé afirmou Paz Abraira e dixo que xa repartiron 5.296.869 nun acordo que so inclue obras. Este paripé inclue os cabreos ficticios de Jaime Castiñeira os días que está en Lugo dixo Paz Abraira e engadiu que sae o que o BNG leva 2 meses dicindo e o único que lles preocupa é ás portas dunhas eleccións municipais poder vender obras. Unhas obras que servirán para comprar vontades políticas que é o que se fai coa totalidade deses 9.500.000 de remanentes que foron aprobados entre o pleno de abril e o pleno que se celebrará o 30 de xuño dixo a edil nacionalista.
Partidas sociais
No acordo entre PP e PSOE so se destinan, para mellorar as partidas sociais, 227.870 nada, polo tanto, neste escuro acordo para atención social nin para axudar a empresas e autónomos dixo Paz Abraira. Para o BNG o bipartidismo púxose dacordo no que lles interesa para gastar 9,5 millóns de euros en obras, deixando de lado aos que máis axuda precisan, e por riba pretenden facernos ver que está é a mellor opción. O BNG presentou no mes de abril unha proposta, que contrastaou coas entidades veciñais e asociativas, na que se aposta pola acción social e económica, sen deixar as obras de lado. Pero, sentenciou Abraira PP e PSOE deixan de lado a atención ás persoas, co paripé de non aparecer collidos da man.